Resulta francamente sorprendente observar como un alcalde, que debera ser o primeiro en traballar pola defensa dos intereses dos seus veciños, se converte, como no caso do rexedor viveirense Melchor Roel, en todo o contrario: unha rémora para o seu concello e para o conxunto da comarca. Esta imaxe adquire especial relevancia despois de que a secretaria xeral de Familia e Benestar da Xunta, Susana López Abella, confirmase en sede parlamentaria que Melchor Roel atrasou durante catro meses os trámites previos á apertura da residencia de persoas maiores de Viveiro.
É inaceptable desde calquera punto de vista que, as preto de 150 persoas anciás e dependentes que poderán beneficiarse dunha praza de residencia e as 50 familias cuxos maiores poderán facer uso do centro de día, se viran privadas deste servizo de benestar porque Melchor Roel decidiu converter a súa Alcaldía nun instrumento de confrontación e loita partidista.
O que de verdade lle molesta ao alcalde socialista é que sexa un Goberno do PPdeG quen poña en servizo a prometida e tan necesaria residencia de persoais maiores de Viveiro, ao igual que o fixo no seu día en Burela. Non asimilan que sexa un Goberno popular o que dote con persoal, tecnoloxía e materiais este cento, que sexa a o Goberno que lidera Feijoo a que faga realidade o que o bipartito foi incapaz de levar adiante, salvo na publicidade e propaganda, neso si, PSOE e BNG foron expertos.
Baixo a aparente defensa da transparencia no proceso de selección de persoal da residencia e da concertación pública das súas prazas, Melchor Roel foi o único dos tres alcaldes galegos de concellos con centros a piques de abrir (Vimianzo Ourense e Monforte) que obstaculizou este proceso durante catro longos meses. Ningún dos argumentos que empregou era certo. Disfrazado dun fin aparentemente positivo, se escondía simplemente un alcalde obstruccionista, que tan só buscaba facer dano político adiando a entrada en servizo da residencia.
Así se demostra no convenio que finalmente vén de asinar o Concello de Viveiro coa empresa titular da residencia, a Sociedade Galega de Servizos Sociais (SOGASERSO) por certo, entidade sen ánimo de lucro participada polas caixas de aforro galegas. No convenio establécese literalmente “ambas partes consideran que os criterios de selección para a contratación de postos de traballo que emprega habitualmente SOGASERSO cumpren o obxectivo de transparencia que esixe o Concello”, polo tanto, Roel non ten más remedio que recoñecer que se equivocou. Así como tamén cómpre lembrar, que desde o primeiro día a Xunta garantiu que o 100% das prazas nas residencias pendentes de apertura serían sostidas con fondos públicos.
Roel foi un obstáculo para os seus veciños, como o está a ser agora no restablecemento dos servizos aos usuarios do Porto Deportivo que o seu Goberno municipal foi incapaz de garantir. E cando un alcalde se converte no problema, e non no medio para achegar solucións, é a mellor mostra do esgotamento do seu proxecto. Agora só hai que pedir que rectifique nesta estratexia, entre en razón, e deixe de facer dano aos intereses dos viveirenses e do conxunto da comarca.

















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



