MONDOÑEDO .- A Consellería de Traballo e Benestar achaca o concello de Mondoñedo que non contratara aos Grumir en marzo, con cargo á subvención da Xunta, e aclara que a oferta foi aproveitada para “contratar aos efectivos dos Grumir polos concellos de Viveiro, Burela, Ribadeo, A Pontenova e Cervo, non así no caso de Mondoñedo”.
Nota de Prensa
TRABALLO E BENESTAR LEMBRA QUE MONDOÑEDO TIVO A OPCIÓN DE CONTRATAR AOS GRUMIR EN MARZO CON CARGO Á SUBVENCIÓN DA XUNTA
* Foi o concello da localidade da Mariña o que desbotou a posibilidade de anticipar os contratos
* A Xunta dispuxo a concesión efectiva da axuda o 8 de xuño, momento no que o consistorio mindoniense tamén puido proceder aos compromisos cos traballadores sen asumir custo ningún
Lugo, 6 de xullo de 2010.- A Consellería de Traballo e Benestar abriu este ano a posibilidade de contratar aos efectivos dos Grupos Municipais de Intervención Rápida (Grumir) no mes de marzo, anticipándose así á resolución efectiva da subvención.
A orde de convocatoria das subvencións, publicada o 1 de marzo de 2010, permitía estes anticipos precisamente para garantir aos concellos un mínimo de contratacións urxentes daquelas obras ou servizos que as propias entidades locais deban atender con carácter inmediato. Desta forma os concellos podían iniciar contratacións en marzo sen ter que esperar ás resolucións definitivas da orde.
Esta oferta foi aproveitada na comarca da Mariña para contratar aos efectivos dos Grumir polos concellos de Viveiro, Burela, Ribadeo, A Pontenova e Cervo, non así no caso de Mondoñedo.
Por outra banda, a resolución definitiva da subvención para Mondoñedo comunicóuselle o día 8 de xuño, o que significa que o concello podía proceder á realización das contratacións dende esa mesma data, sen ter que adiantar custo ningún, por dispor xa do financiamento da Xunta.
A distribución dos efectivos do Grumir por concellos, así como as circunstancias que regulan as subvencións a estes efectivos, recóllense no acordo subscrito entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e básicamente mantéñense cada ano.
Dende a xefatura territorial de Traballo e Benestar sinálase que o feito de que os efectivos do Grumir en Mondoñedo foran contratados no mes de xullo non é atribuíble en absoluto á Xunta de Galicia, que ofreceu facilidades para que non se rexistrara esta demora, senón ao proceder da propia corporación local.
O concello de Mondoñedo recibiu, ao amparo desta liña de axudas, unha achega para pagar ata o 31 de decembro os salarios dos membros do Grumir, integrado por 3 capataces e 9 peóns.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



