Nota de prensa ALFREDO LLANO VISITARÁ ESTA TARDE Á FAMILIA AFECTADA POLO INCENDIO REXISTRADO ESTA MADRUGADA NA SÚA VIVENDA. DÚAS PERSOAS FORON TRASLADADAS AO HOSPITAL DA COSTA POR INHALACIÓ... Ler máis
MONDOÑEDO .- A Consellería de Traballo e Benestar achaca o concello de Mondoñedo que non contratara aos Grumir en marzo, con cargo á subvención da Xunta, e aclara que a oferta foi aproveitad... Ler máis
O contrato realizarase pola modalidade de obra ou servizo determinado con cargo ao Programa de Cooperación Xunta-EE.LL., será a xornada completa e por un período máximo ata o 31 de decembro... Ler máis
LUGO .- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, e o director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida Trastoy, anunciaron hoxe que os concellos lucenses poderán comezar as contra... Ler máis
LUGO .- A delegada territorial da Xunta afirma que garante que a dotación dos Grumir e que está a acelerar os trámites para poder prorrogar os contratos dos efectivos que integran os Grupos... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, cualifica de irresponsable á Xunta por non ter convocado xa as prazas dos Grumir que traballarán este ano nos concellos. O rexedor adv... Ler máis
NOTA DE PRENSA Balseiro Orol lamenta a actitude alarmista dos alcaldes de Ribadeo, A Pontenova, Monterroso e Sarraia e censuran que pretendan sementar incerteza sobre a continuidade dun ser... Ler máis
NOTA DE PRENSA O GMPP de Burela critica que o GRUMIR ainda estea incompleto. Os populares pregúntanse onde está a urxencia manifestada a principios de Xuño. Consideran que o bigoberno busca... Ler máis
CERVO .- O Concello de Cervo non renovará o contrato de a 11 das 15 persoas que forman o Grupo Municipal de Intervención Rápida e que rematan a súa actividade o venres día 10. As persoas afe... Ler máis



















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



