Ribadeo, 7 de xaneiro de 2022. O vindeiro luns, 10 de xaneiro, terá lugar o sorteo da XI Festa do Comercio de Acisa Ribadeo. En xogo estarán 4.000 euros premios. Por segundo ano consecutivo a cita non será presencial, debido á situación sanitaria que se está a vivir.
Todas as persoas que realizan as súas compras no comercio asociado entre o pasado 2 de decembro e ata o 9 de xaneiro están a recibir algunha as 200.000 rifas postas en circulación, setenta e cinco mil máis que o ano pasado.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembra que “este ano, coma o pasado, o sorteo da Festa do Comercio non será presencial para evitar as aglomeracións que se producían outros anos nesa xornada. Vaise realizar nas oficinas de Acisa o 10 de xaneiro e será emitido en vídeo a través das redes sociais da nosa asociación, coa posterior publicación dos números agraciados nos medios de comunicación”.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Francisco Iriarte, indica que “este ano temos novidades nos premios, que se repartirán nun de 2.000 euros, dous de 500 euros, dous de 250 euros e cinco de 100 euros, co fin de poder premiar a máis xente e mantendo sempre un gran premio”.
Pérez Prada sinala que “chega o momento de revisar os bolsos, os caixóns, as bolsas, os petos para reunir todas as rifas que nos foron entregando ao longo do último mes en Ribadeo para despois revisalas con calma e coñecer os nomes dos gañadores/as desta XI Festa do Comercio”.
As persoas afortunadas terán ata o 21 de xaneiro para reclamar os seus premios nas oficinas de Acisa Ribadeo e despois disporán de dous meses para gastar eses vales de compra nos locais asociados, é dicir terán ata o 21 de marzo.
Iriarte Quintana anima “á veciñanza de Ribadeo e de toda a contorna a achegarse á nosa vila para aproveitar as rebaixas de inverno, que comezan estes días, e nas que poderán atopar grandes descontos en todos os produtos desta tempada. O noso comercio abre os domingos pola mañá, xornada na que recibimos a moitos clientes de Asturias e de diversos puntos da provincia de Lugo, que veñen mercar a Ribadeo, que veñen pasear, tomar o aperitivo ou xantar. Seguimos sendo un referente comercial e a xente dominguea aquí, xesto que lles agradecemos a todos e todas”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



