Lugo, 20 de xaneiro de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este xoves na Feira Internacional de Turismo (FITUR) a nova campaña Lugo, provincia de cine, coa que a institución busca impulsar o turismo a través do audiovisual como unha vía “moi interesante e fructífera para a promoción do territorio” que pode converterse ademais nun “factor de desenvolvemento do rural”. No acto, celebrado no stand de Turespaña, estivo presente a Ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto; o Secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés Verelst, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, entre outros deputados e deputadas, ademais de alcaldes e alcaldesas, e operadores e medios nacionais e internacionais.
Para a presentación, a Deputación de Lugo contou coa participación do presidente e fundador de CTV, Ghaleb Jaber Ibrahim; o produtor de Gaitafilmes, Suso López, e o produtor audiovisual de Amanita Films e codirector do festival FanCine, Iván Patiño, todos vinculados ao sector audiovisual, que explicaron o potencial da provincia como fonte de inspiración e como escenario de producións.
Co proxecto Lugo, provincia de Lugo, a Deputación pretende consolidar “un modelo de turismo sostible, non masificado, cunha oferta de calidade e diversificada, vinculado coa natureza, o patrimonio cultural, a historia e a gastronomía”, incorporando “ás múltiples opcións” existentes na actualidade “o turismo ligado ás rodaxes, buscando a complicidade da ilusión, o dinamismo e a maxia que sempre suxire a produción audiovisual”, explicou o Presidente.
O mandatario provincial lembrou neste sentido que a Deputación mantén “un apoio decidido ao audiovisual, unha aposta pola cultura e pola economía, cun sector que non deixa de medrar. Pero tamén estamos convencidos de que a presenza de paisaxes da nosa provincia nas salas, nos festivais e nas plataformas audiovisuais constitúe unha vía moi interesante e fructífera para a promoción do territorio”.
“Buscar a interrelación entre a produción audiovisual e o turismo pode converterse, sen dúbida, nun factor de desenvolvemento para o rural”, explicou José Tomé, argumentou, incidindo en que “as rodaxes teñen un retorno económico directo e logo, o impacto da estrea abre unha nova vía de desenvolvemento, ao atraer visitas aos lugares onde se ambientaron producións de éxito, como poden ser O Sabor das Margaridas, Doghs, O que Arde ou Live is Life, por citar só algunhas das máis recentes”.
Desta forma, asegurou o mandatario provincial, “o turismo convértese nun factor de equilibrio territorial, nun sector capaz de xerar emprego de calidade que permita á mocidade do rural desenvolver proxectos de vida nos seus lugares de orixe porque, ao igual que o cine é un diálogo entre o creador e os espectadores, o turismo é un encontro entre o que chega e o que vive habitualmente nun lugar”.
O Presidente puxo en valor a longa tradición da provincia como escenario de rodaxe de producións audiovisuais, “protagonizada por directores como Gracia Querejeta, Manuel Gutiérrez Aragón, Mario Camus ou Gonzalo Suárez, e que, entre moitos outros, renovaron máis recentemente con éxito creadores como os irmáns Coira, Oliver Laxe e Dani de la Torre”.
José Tomé resaltou así mesmo o vínculo entre a ficción audiovisual e o turismo. “Son un símbolo da democratización da cultura do ocio no século XX. Saímos de viaxe coa mesma ilusión coa que nos asomamos á pantalla, para descubrir mundos novos, sentir emocións diferentes ou vivir novas experiencias”.
Implicación do sector
A Deputación de Lugo contou para a presentación de Lugo, provincia de cine coa participación de representantes do sector audiovisual que aportaron o seu punto de vista acerca dos valores da provincia de Lugo como fonte de inspiración e escenario de rodaxe.
O presidente e fundador de CTV, Ghaleb Jaber Ibrahim, destacou a versatilidade e o “extraordinario potencial da provincia de Lugo como plató de cine e televisión”. CTV, con case 40 anos de historia, é a produtora de O Sabor das Margaridas, que achegou unha historia rodada en paisaxes da provincia a más de 200 países.
Pola súa banda, Suso López, productor de Gaitafilmes, radicada en Meira, destacou que “nos últimos anos producimos dúas longametraxes aproveitando en boa medida as facilidades e o potencial humano, técnico e creativo que nos ofrece a provincia de Lugo como un espazo para o cine” e engadiu que “pouco a pouco se está a asentar unha convivencia cinéfila na provincia grazas aos proxectos pequenos e ás rodaxes de entidade”.
Iván Patiño, produtor audiovisual de Amanita Films e organizador de FanCine, en Monforte, destacou que a “exhibición e distribución son tamén patas fundamentais para crear una industria e unha experiencia visual diferente”. Así mesmo destacou que o FanCine realiza proxección en bosques de castaños ou bodegas “que fan que a experiencia de ver cine quede gravada para sempre”.
.



















A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



