GALICIA .- A asociación ecoloxista Adega denuncia “o uso masivo de herbicidas para “limpar” as beiras das estradas”. Adega explica que “estas substancias biocidas, aínda que legais, comportan riscos para a saúde pública e ambiental ao envelenar as augas e os solos” e propón que como “alternativa aos herbicidas para controlar a vexetación son as rozas mecánicas selectivas, que ademais contribúen a criar máis postos de traballo”.
Nota de Prensa
O uso masivo de herbicidas para “limpar” as beiras das estradas é unha práctica cada vez máis estendida en Galiza. Estas substancias biocidas, anque legais, comportan riscos para a saúde pública e ambiental ao envelenar as augas e os solos. A alternativa aos herbicidas para controlar a vexetación son as rozas mecánicas selectivas, que ademais contribuen a criar máis postos de traballo. Unha suposta “austeridade” mal entendida está a envelenar os ecosistemas, incrementando de paso o risco de lumes.
ADEGA ten solicitado á administración estatal de estradas e á Xunta (consellaría de Medio Ambiente, Teritorio e Infraestruturas) coñecer a composición dos agroquímicos con que se están a fumigar as estradas, entre os que poderían estar herbicidas sistémicos moi tóxicos coma o glifosato (coñecido pola marca ROUNDUP -popularmente randón ou rondón-). Estas substancias pasan á terra e á auga ou son inxeridos polos animais, mesmo os domésticos, podendo chegar até os aos consumidores/as.
Os métodos de rozado químico tampouco supoñen unha maior seguridade contra os lumes, ben ao contrario: toneladas de mato seco permanece nas beriarúas nas épocas de maior risco de incendios. Alén disto, non existe praticamente control das práticas prohibidas á hora de fumigar, como non facelo preto de terras de cultivo e cursos de auga. Mesmo nalgúns casos, ovellas, galiñas, e vacas pululan e comen nas zonas fumigadas.
As administracións públicas deberían ser as primeiras en dar exemplo de responsabilidade ambiental, comprometéndose coa sustentabilidade e as boas práticas ecolóxicas. Será moi recomendábel que cando menos nas estradas de titularidade pública favorecérase o emprego de medios mecánicos fronte aos agroquímicos, que ademáis xeran máis postos de traballo.
Unha suposta “austeridade” mal entendida está a provocar o envelenamento da terra e da auga, pondo en risco a saúde da cidadanía e incrementando o risco de lumes. Dende ADEGA solicitamos que cese o uso de herbicidas para a “limpeza” das estradas eque sexan substituidos por métodos de rozado mecánico, que ademáis de ser inocuos, crian máis postos de traballo.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



