Foz, 26 de xaneiro de 2022. O Concello de Foz levará a aprobación ao próximo pleno da corporación municipal, que se celebrará o 3 de febreiro, a presentación do expediente para a declaración do Entroido focense como Festa de Interese Turístico Galego.
O alcalde, Fran Cajoto, explica que “o Entroido da Mariña por antonomasia é o de Foz. Este ano cumprirá a 40 edición do seu desfile (despois do obrigado confinamento e aposta polos medios electrónicos na anterior edición), mais o arraigamento e a existencia da vea carnavaleira en Foz é moito anterior”.
Dende o departamento municipal de Cultura esperan “que a corporación se una para buscar da man o recoñecemento a un evento que fortalece a Foz e une a moitos lugares da Mariña que acoden e comparten a ilusión de sacar un sorriso ao mundo cos seus múltiples traxes, cores e vitalidade”, apunta a concelleira de Cultura, Inés López Couto.
Dende a asociación O Noso Foz, que organiza tamén o Entroido, o seu presidente, Ángel Fernández Neira, quere recordar que “isto sería un recoñecemento a todos aqueles que ao comezo saíron á rúa con medo, debido á ditadura e ás posibles represalias, e tamén para todos aqueles que colleron o guante e continuaron traballando para que o Entroido medrara e chegara a ser o que é hoxe en día”.
O rexedor municipal destaca que “todo isto non sería posible sen o traballo dos técnicos municipais que levan moito tempo buscando información, contactando con grupos, persoas relacionadas coas diversas organizacións do evento ao longo dos anos así como a prensa e outros moitos colaboradores, sobre todo veciños, que aportaron o seu gran de área en forma de datos, fotos ou recortes. O traballo de recompilación e redacción da Técnico de Cultura, Pilar López, debe ser recoñecido e este proxecto non sería posible sen o seu esforzo; o do cronista oficial de Foz, Xoán Ramón Fernández Pacios; a auxiliar de Cultura e tantos outros colaboradores habituais”.
Fran Cajoto explica que “se a proposta se aproba a documentación será remitida integramente á Xunta de Galicia, que será o órgano encargado de outorgar ou denegar este recoñecemento ás veciñas e veciños de Foz, que finalmente son os encargados de facer esta festividade tan importante na Mariña e na que acollen cos brazos abertos a grupos de toda a comarca así coma da veciña Asturias. O Entroido é Foz: este ano máis ca nunca e con todas as cautelas estamos a organizar os distintos eventos, como a comida do carnaval e o desfile, coa colaboración e a achega das nosas comparsas e grupos, que son un exemplo de unión. Aquí non se pregunta de que equipo de fútbol es senón a que grupo pertences: o carnaval fai pobo”.
“Dende o Concello queremos agradecer á todas as comparsas, grupos, carrozas, individuais, charangas e demais participantes no desfile o seu traballo e implicación para o crecemento do noso Entroido. Agradecer tamén a todos aqueles colaboradores habituais na recompilación de información e fotos, que son veciñ@s de Foz, así coma todos os visitantes neses días e a tod@s aqueles que desfrutan do Entroido focego. Sen todos eles isto non sería o que é. Isto é Foz e aquí hai Carnaval!!”, finaliza a edil de Cultura.
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



