A Mariña, sábado 29 de xaneiro 2022. Na mañá de hoxe o BNG mantivo en Foz un encontro coas confrarias de pescadores da Mariña no que as deputadas Rosana Pérez, portavoz da área de pesca no Parlamento, Carmela González, o deputado mariñao Daniel Castro, o responsable comarcal da organización Antonio Veiga e o portavoz municipal en Foz Iago Villamil escoitaron as demandas do sector pesqueiro, especialmente no que afecta á baixura, representado na reunión por patróns maiores e vicepatróns das confrarías, e ao mesmo tempo deron conta de iniciativas relacionadas co sector presentadas polo BNG nas diferentes institucións.
Durante este econtro puxéronse enriba da mesa moitas das problemáticas que afectan a este sector, vital para Galiza e vital para A Mariña, como as cotas de pesca, o Brexit, o relevo xeracional, as titulacións e a formación pesqueira, a supresión de axudas ao combustible, o regulamento europeo de pesca e a eólica mariña, entre outras.
Regulamento europeo de pesca: innecesario porque aquí o sector está supercontrolado
A respecto do regulamento europeo de pesca o BNG considera que a actividade pesqueira da baixura, así como a marisqueira, é o sector da pesca mais vixiado e controlado de toda Europa pois está suxeito a cotas máximas de capturas, polo que é un sector que xa conta con medidas de supervisión, inspección e vixilancia que garanten a súa sostibilidade.
Por este motivo o Bloque coincide coas confrarías ao considerar que aumentar os controis é innecesario e defende que Galiza debe exercer as súas competencias sen o control doutras administracións. Neste sentido, Daniel Castro apuntou tamén que “o BNG leva meses manifestando a súa oposición á obrigatoriedade de que todas as embarcacións de mais de catro metros teñan que estar xeolocalizadas e con cámaras a bordo para controlar a obriga do desembarque das capturas”
Eliminación de subvencións aos combustibles: unha medida lesiva para a nosa flota, especialmente a de baixura
Outro dos temas que preocupan ao sector son tamén determinadas normativas coma a proposta da U.E. e da OMC mediante a cal se pretende que o Estado Español prohíba subvencións á compra de combustibles ou a cubrir os seus costes, a través do paquete de medidas “Fit for 55” para acelerar os obxectivos do Pacto Verde Europeo, diante do cal o BNG xa propuxo no Congreso dos Deputados iniciar accións contra esa proposta da Comisión Europea para evitar os efectos negativos na flota galega, e facer valer o carácter de país altamente dependente da pesca de Galiza.
Eólica mariña
A respecto dos proxectos de instalación de eólicos no mar, a deputada, Rosana Pérez remarcou que a postura do BNG é “declarar non apta a costa galega para a instalación de parques eólicos mariños ante as características de singularidade da frota galega”. Neste sentido, lembrou que o PP e PSOE “abriron a porta á eólica mariña” a pesar de que o propio Parlamento europeo xa se pronunciou sobre a consecuencias negativas que ten para a pesca a instalación de aeroxeradores no mar”. Manifestou tamén o apoio do BNG ao “Manifesto de Burela” no que as confrarías galegas e do Cantábrico rexeitan a instalación de eólicos na nosa costa porque os proxectos de implantación de enerxía eólica mariña aquí non son compatibles cos usos existentes, nin coa escasa plataforma continental destas costas, que difire totalmente doutras zonas marítimas como o Mar do Norte ou o Mar Báltico.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



