Ribadeo, 8 de febreiro, 2022. Para conmemorar o Día Mundial dos Humedais, que se celebra cada 2 de febreiro e que este ano ten por lema “Actuar polos humedais é actuar pola humanidade”, o alumnado de 4º ESO de Bioloxía do IES Ribadeo Dionisio Gamallo saiu á Ría de Ribadeo para estudala como ecosistema e tomar conciencia do importante que é a súa conservación.
Tal e como sinala a profesora, Susi Besteiro, nas distintas paradas observamos un bó número de aves invernantes axudados polos prismáticos e telescopio. Tratamos de identificalas e observar as adaptacións máis salientables. Como a marea estaba baixando, nas zonas da enseada da Lieira xa descubertas, as limícolas como correlimos (Calidris alpina) e zarapitos (Numenius arquata) non perdían o tempo para alimentarse peteirando no fango. Nas zonas onde aínda había auga, as nadadoras como os patos asubións (Anas penelope), rabudos (Anas acuta) e alavancos reais (Anas platyrhynchos), buscaban algo para comer filtrando a auga e as zancudas como garzas (Ardea cinerea), garcetas (Egretta garzetta) e cullereiros (Platalea leucorodia), camiñaban polas láminas de auga cada unha co seu estilo propio. As espátulas mergullando o seu peteiro alongado vadeaban polas pozas, as garcetas peteiraban para extraer invertebrados acuáticos ou algún verme e as garzas reais con movementos sumamente lentos, tirábanse con forza sobre os peixes para ensartalos co seu peteiro que semella un arpón. O alumnado descubriu que había gran actividade na ría, facía bo día e non era tempo de lecer excepto para os madrugadores cormoráns (Phalacrocorax carbo) que, fartos de peixe, repousaban coas ás abertas para secar a plumaxe en zonas como o tesón, ou en illotes. Tamén pola beira galega, estaba en acción unha das águias pescadoras (Pandion haliaetus) e puidemos observar os pousadeiros que teñen no medio da ría así como o “señuelo” que lle puxeran na beira asturiana a Panchita, a primeira delas que invernou aquí para que se sentira acompañada.
Aparte de observar aves invernantes, tamén aproveitaron para distinguir os grandes grupos de vexetación segundo a salinidade que soportan. En primeiro lugar, as pradeiras mergulladas de Zostera que quedan ó descuberto na baixamar e que son as máis halófilas; a partir da Enseada de Vilavedelle, os xuncais, e finalmente, nunha posición máis retrasada os canaveirais que soportan menor salinidade.
En definitiva, en palabras de Besteiro, unha clase distinta para dar a coñecer o noso patrimonio natural e concienciar sobre a importancia da súa conservación. Actuar polos humedais, é actuar pola humanidade!



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



