Burela, 9 de febreiro de 2022. O voceiro do Grupo Municipal Popular, Manuel Rouco, explica que “a suspensión do mercado semanal dos venres de forma indefinida que anunciou o goberno do señor Llano se debe a unha nefasta xestión que trata de esconder dicindo que se suspende para adaptalo ás normas covid”. O popular asegura que se trata “dunha escusa un tanto cómica tendo en conta que estas mudaron de forma continua ao longo desta pandemia” e sinala esta situación como un exemplo “da ausencia de proxecto claro para Burela por parte do goberno do señor Llano”.
Rouco considera esta suspensión “insólita e inaudita” porque “non se lembra en Burela algo semellante salvo por mor dunha situación sanitaria grave ou dalgunha situación meteorolóxica perigosa”.
O voceiro popular alerta de que “isto supón non só unha falta de respecto aos profesionais do sector ambulante por avisalos con menos de 48 horas por teléfono e sen ningún tipo de reunión previa; senón tamén unha merma económica, sobre todo para aqueles comerciantes de produtos perecedoiros porque con este tempo de antelación xa teñen anticipada a stockaxe sen posibilidade de recolocalos”.
Decisións unilaterais
Rouco engade que “a caída do número de postos e de clientes no mercado dos venres non deixou de minguar dende que o goberno que preside Llano decidiu de forma unilateral trasladar o mercado cara a actual localización de Torrentes sen ningún tipo de consulta previa cos profesionais, cos comerciantes de Burela ou cos propios veciños”.
“O pasado venres, segundo fomos informados, producíronse diversos altercados no mesmo por mor do intento de reubicación dos postos. Unha vez máis, unha decisión tomada de forma unilateral polo goberno de Llano”, explica.
“A isto hai que sumar os paus nas rodas que tanto o goberno local coma o BNG convertido na súa muleta permanente non paran de poñerlle aos comerciantes ambulantes. Un exemplo é a negativa a condonar a taxa que regula o mercado tal e como sucedeu na meirande parte dos mercados da comarca e, outro, a total e absoluta ausencia de regulamento para o mesmo que xa hai uns 6 anos que o alcalde prometera sacar adiante”. Polo tanto, os populares auguran “unha catástrofe asegurada para este tradicional mercado para sempre funcionou como dinamizador económico e social da nosa vila”.
Os populares bureleses pregúntanse “ata cando teremos que padecer os veciños e veciñas de Burela este despropósito?”.






















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



