Os obradoiros desenvolveranse este domingo, 13 de febreiro, en horario de mañá para nenos e nenas de 4 a 12 anos. Durante as actividades, que serán gratuítas, realizaranse accións divulgativas, de creación e experimentos, así como de coñecemento de figuras científicas femininas. Os grupos e os horarios poden consultarse vía WhatsApp no teléfono: 654208333. O Concello busca con esta actividade visibilizar e reivindicar o traballo das mulleres científicas, moitas veces invisibilizado, en prol de acadar unha igualdade real.
O Concello de Viveiro organiza o obradoiro “Muller e ciencia”, dirixido á infancia, con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia que se celebra este venres, 11 de febreiro
O Concello de Viveiro organiza o obradoiro “Muller e ciencia”, dirixido á infancia, con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia que se celebra este venres, 11 de febreiro
Relacionado
-
Acisa Ribadeo celebra o día da nai repartindo na rúa un centenar de caraveis entre as mamás que se atopou ao seu paso, a pesar da choiva
-
A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica LU-862 ao seu paso polos concellos de Viveiro e Xove
-
Suspendido polo mal tempo o III Mercado “Aos Pés de Cornería” en Vilaronte de que se ía celebrar este domingo, 5 de maio