O alcalde ourensán, Gonzalo Pérez Jácome, quitou 2 sobre 27 concelleiros no 2011, 8 no 2015 e baixou a 7 no 2019, malia que desta vez quitou a alcaldía por vez primeira coa inestimábel colaboración do voto do PPdeG de Núñez Feijóo. E mantén ésta alcaldía só con outros 3 concelleiros (4/27!!), logo de que os demáis marcharan do seu partido localista (Democracia Ourensana-DO-) no primeiro ano da súa alcaldía, por mor de graves sospeitas de corrupción (suposta esixencia de “peaxes” a respecto dos soldos dos cargos de confianza).
Antes de entraren no concello e instrumentando a súa canle de TV e máis o seu partido, Jácome denunciara na xurisdición penal moitas das actuacións do goberno local de coalición PSdeG-BNG que gobernou Ourense entre xuño de 2007 e maio de 2015. Denuncias que ficaron todas en arquivos ou absolucións, malia que desfixeran daquela a gobernanza municipal ourensá. Foi un anticipamento da lawfare despois desenvolvida por Bolsonaro ou Trump.
Mais Pérez Jácome non estivo só nesta angueira, pois que contou coa colaboración inestimábel do pasado fiscal provincial de Ourense, Florentino Delgado, que desenvolveu o cargo entre 1995 e primeiros de 2019 e que foi sancionado pola Fiscalía Xeral do Estado a 19 meses de suspensión pola comisión de dúas faltas moi graves e outras dúas graves (atrasos inxustificábeis no trámite de denuncia contra o antigo alcalde do PP de Ourense, Manuel Cabezas) e a outros 18 meses de suspensión por outras dúas faltas moi graves, por continuar no uso da súa vivenda ourensá con cargo á Xunta cando ésta xa lle requirira a despexala.
Pérez Jácome está sendo investigado por un delicto de malversación de diñeiro público polo Xulgado de Instrución nº 2 ourensán, polo desvío ao seu propio patrimonio persoal de 50.000 € e ao da súa canle Aurea TV polo pagamento da súa licenza á Unión de Televisións Galegas.
Este venres, 11-F, o alcalde ourensán botou fóra do Pleno arbitraria e ilegalmente ao voceiro do BNG, Luis Seara, feito que motivou o abandono do Pleno por parte dos grupos do BNG, PSdeG e PPdeG, canda os tres concelleiros non adscriptos no seu día elixidos ola candidatura da D.O.
O casco histórico ourensán agunía, amosando o meirande número de baixos comerciais baleiros de toda Galicia, mentres este alcalde transfire todos os recursos humanos municipais destinados ao casco histórico aos servizos xerais de Urbanismo. Tamén deixou sen orzamento nin xestión as principais actividades culturais que desenvolvía o concello, entre elas o Festival de Cinema.
E que dí Núñez Feijóo? Que dí Tellado, secretario xeral do PPdeG? Só calan cando non celebran os desaquelados actos e falas desta catástrofe ourensá e galega.

















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



