Viveiro, 16 de febreiros, 2022. Viveiro segue con moitas deficiencias para ser ese destino turístico idílico que se vende. Entre elas as áreas para autocaravanas e furgonetas camper, en gran auxe dende que a pandemia pola Covid fixo que a xente se decantese cada vez máis por este tipo de turismo, sendo moi triste ver a este gremio tendo que irse a outros lugares pola escasa oferta existente en Viveiro, podendo quedarse na nosa vila e sumando un empuxe económico máis.
Dende o BNG xa fai case un ano que se fixo unha proposta moi interesante neste eido, unha proposta con pouco custe, unha proposta en consonancia con este tipo de turismo que ampliaría a oferta para que os autocaravanistas se sintan cómodos na nosa Vila. Esta proposta foi a creación desta área ao final do paseo fluvial do Landro na zona de Portochao, que cómo ben se dixo daquela e reitera a concelleira do BNG, Míriam Bermúdez: “é unha zona perfecta para esta área xa que ofrece natureza e tranquilidade, contando xa o lugar con auga corrente, acceso a rede eléctrica, recollida de lixo e alcantarillado, polo que o investimento sería mínimo e a balanza entre gasto/rendimento, dende logo, decántase polo segundo.”
Todo o exposto aquí convertíuse nunha moción presentada en xuño do ano pasado, unha moción cunha gran acollida cxs concelleirxs do BNG, PSOE, Por Viveiro e grupo mixto votando a favor e co PP absténdose, sen ningún voto en contra. Dende o BNG e ante a proximidade do tempo de verán e vacacións instamos a que á alcaldesa exerza diso, de alcaldesa, e traballe nos acordos plenarios aprobados.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



