Barreiros, 23 de febreiro de 2022. Rosalía de Castro saudará desde hoxe a todas as persoas que se acheguen a dependencias municipais ou se crucen con vehículos do Concello, cun estrato do texto “Lieders”, considerado primeiro manifesto feminista publicado en Galicia.
Desde a área de Dinamización, o concelleiro Dani García, explica que a iniciativa “trata de achegar a nosa escritora nacional á veciñanza e ás persoas que nos visiten, facendo visible a unha das autoras galegas máis importantes de todos os tempos. Con esta acción non só queremos dar a coñecer a xa universal escritora, senón poñer en valor a súa mensaxe e adoptala como propia”.
O texto escollido (“Libre é o meu corazón, libre a miña alma e libre o meu pensamento que se alza ata o ceo) figurará na pasarela de unión dos edificios municipais e nos dous vehículos renovados recentemente para coñecemento xeralizado da poboación e visitantes.
Dani García explica que a escolla non é casual, senón que “queremos transmitir a idea de liberdade que sentía Rosalía e o dereito a soñar cun concello mellor no que calquera persoa poida sentirse libre de soñar, sentir e desexar; tal e como facía a poeta”.
Esta acción vén a sumarse a outras realizadas en anos anteriores co alumnado dos centros de ensino do municipio e ao traballo constante por poñer en valor a literatura e a cultura galega en xeral, así como a mensaxe da propia Rosalía de Castro e doutras figuras galegas.




















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



