CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, anunciou que as tarifas de venta que fixe o consorcio polo subministro da auga serán as mesmas para ámbolos dous concellos. “Con esta equiparación de prezos corrixirase unha inxustiza que levaba padecendo o noso municipio dende hai moitos anos… Non era lóxico que a pesares de que a auga procedera de Rúa o custe do abastecemento fose moitísimo menor para Burela ao subministrarse por gravidade, mentres que para Cervo e San Ciprián o subministro tiña que chegar mediante bombeos, o que provocaba un encarecemento dos custes. Agora iso vaise acabar.
Nota de Prensa
A reunión do órgano reitor reunirase mañá para tratar entre outros temas os custes de xestión da nova infraestrutura que dará servizo aos dous concellos
O CONSORCIO DA AUGA FIXARÁ UN PREZO ÚNICO PARA O SUBMINISTRO DE AUGA A CERVO E BURELA
* O alcalde, Alfonso Villares, cree que esta equiparación virá a corrixir o desequilibrio de prezos que padecía Cervo polo subministro
Cervo, 13 xullo de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, adiantou hoxe que a reunión de mañá do consello reitor do consorcio para a xestión e explotación da futura rede de auga aos concellos de Cervo e Burela servirá “entre outras cuestións” para profundizar no estudo de custes de explotación desta infraestrutura hidráulica que ten previsto entrar en funcionamento nos vindeiros meses.
Subministro por gravidade
Neste sentido lembrou que as tarifas de venta que fixe o consorcio polo subministro da auga serán as mesmas para ámbolos dous concellos. “Con esta equiparación de prezos corrixirase unha inxustiza que levaba padecendo o noso municipio dende hai moitos anos… Non era lóxico que a pesares de que a auga procedera de Rúa o custe do abastecemento fose moitísimo menor para Burela ao subministrarse por gravidade, mentres que para Cervo e San Ciprián o subministro tiña que chegar mediante bombeos, o que provocaba un encarecemento dos custes… Agora iso vaise acabar porque cando a nova rede entre en funcionamento todos os veciños dos dous concellos recibirán a auga por gravidade. Poderemos, pois, prescindir dos bombeos do río Rato e do río Cobo, e só se utilizaría o bombeo entre o embalse de Río Cobo e A Senra en casos de extrema urxencia e necesidade e sería para abastecer aos dous municipios indistintamente” recalcou Villares.
O alcalde asegurou que o equipo de Goberno local leva traballando dende hai 10 anos para corrixir este tipo de desequilibrios entre municipios na xestión desta infraestrutura “e garantir así a igualdade e a equiparación do nivel de servizos que van a recibir tódolos cidadáns que se subministren desta rede de augas”. Neste sentido recalcou que os concellos pagarán en función do consumo de auga “e para iso o lóxico será que ámbolos dous concellos dispoñan dun sistema de medición que controle con rigor a auga subministrada”. Ademais recordou que máis do 95% desta infraestrutura hidráulica transcorre por territorio cervense e que os embalses que abastecerán a ámbolos dous concellos están situados tamén neste municipio. “Por iso, para Cervo sempre foi importante esta obra e así o defendimos en todo momento diante de Augas de Galicia co obxecto de conseguir darlle un trato igualitario para os dous territorios e sen distinción entre núcleos de poboación e zonas rurais”
30 quilómetros de tubaxes
Os traballos da nova rede de subministro de auga para Cervo e Burela comezaron en setembro de 2007 e o seu investimento global superou lixeiramente os 5,4 millóns de euros. As obras centráronse na construción dunha nova estación de tratamento de auga potable (ETAP) na Senra, que recibirá a auga dende o embalse de Rúa e dende o encoro do río Cobo, aínda que esta última captación só se utilizará en casos puntuais e de emerxencia para garantir o subministro aos dous municipios. Para isto construíuse unha condución de máis de 8,5 quilómetros dende o encoro de Rúa ata a nova ETAP e se acometeu unha nova captación de 4,5 quilómetros de lonxitude dende o encoro de Río Cobo á ETAP da Senra. Paralelamente a isto se construíu unha rede de condución da auga tratada para levar a auga potable a tódolos puntos dos dous municipios e a cal ronda os 30 quilómetros de lonxitude.
A ETAP da Senra posúe uns depósitos de 2.500 metros cúbicos e poderá potabilizar 120 litros de auga por segundo. Segundo os estudos técnicos a capacidade de tratamento da estación da Senra poderá cubrir as necesidades de ámbolos dous municipios nos vindeiros 25 anos e ten ademais a posibilidade de aumentar nun 50% a súa capacidade do seu tratamento inicialmente previsto. As previsións dos técnicos cuantifican en 3.886.812 metros cúbicos os que poderán ser tratados anualmente na nova ETAP da Senra.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



