Ribadeo, 2 de marzo de 2022. Ribadeo celebrará o Día Internacional das Mulleres con teatro, cunha exposición de fotos e coa presenza da rapera de orixe marroquí Miss Raisa. As actividades desenvolveranse do 6 ao 12 de marzo, segundo deu a coñecer a concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra.
A edil ribadense dixo que “un ano máis, a Concellaría de Igualdade de Ribadeo, conmemorará unha data tan importante como 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, con diferentes actos lúdico reivindicativos tomando como referencia A Educación: a porta para o cambio social”.
Álvarez Lastra explicou que “comezaremos o vindeiro domingo, 6 de marzo no Teatro, ás 20:00 horas co espectáculo O Benquerer(se) da compañía Aldaolado. Neste espectáculo as poetas Lucía Aldao e María Lado mesturan poemas, música e historias para facer visibles as desigualdades que as mulleres seguimos atopando na nosa vida pública e privada. Cun afiado sentido do humor, Aldaolado falan do patriarcado, do feminismo, da discriminación de xénero, do concepto do amor romántico, do amor a unha mesma e de todos aqueles temas cos que van tropezando no seu camiño cara o apoderamento. Porque ser muller é tamén aprender a quererse e querer ás outras. E Aldao e Lado pensan que o humor e a poesía son tamén ferramentas coas que mudar o mundo”.
A concelleira de Igualdade indicou que “o día 7 de marzo, dentro do programa O Concello cos Coles, contaremos coa presenza da coñecida rapera Miss Raisa. Será no auditorio municipal ás 11:30 horas. Esta actividade, Miss Raisa, unha mirada desde dentro para derrubar prexuízos está dirixida aos centros de ensino de secundaria de Ribadeo. Trátase dunha charla-coloquio-showcase. Raisa, muller de orixe marroquí, falará de distintas temáticas que lle tocan de moi preto, tales como o racismo, a desigualdade de oportunidades e a liberdade de expresión, rompendo estereotipos e visibilizando certos aspectos que vive no seu día a día.Trata de romper cos falsos mitos e conclusións que saca a xente da súa cultura, relixión e dela como muller”.
Mariluz Álvarez seguiu a relatar que “xa o propio 8 de marzo, na rúa Rodríguez Murias, en colaboración co CIFP Porta da Auga, terá lugar a inauguración da exposición de fotos feitas por Xesús Varela nese centro, que se poderá ver ata o 12 de marzo. Co título A Educación: a porta para o cambio social mostra as diferentes familias profesionais que se imparten no CIFP Porta dá Auga e cal é a representación das mulleres nelas. Trátase de visibilizar á muller sen caer en estereotipos nin imaxes caducas: en defender a libre elección sen prexuízos, sen medos, porque sen cambio non hai futuro”.
A edil engadiu que “así mesmo o Concello participará no acto organizado pola plataforma Galegas 8M que este ano se celebrará en Barreiros ás 20:00 horas, ao que convidamos a asistir”.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



