Foz, 7 de marzo, 2022. O alcalde Fran Cajoto colle o relevo como Secretario Xeral de Chema Linares, que tamén forma parte da nova executiva.
O PSdeG-PSOE de Foz celebrou este domingo 6 de marzo a Asemblea onde se renovou a executiva local por aclamación de todos os asistentes.
Segundo palabras do alcalde Fran Cajoto, novo Secretario Xeral, o obxectivo principal é “reforzar a formación para dar un novo impulso ao proxecto de goberno, buscando a mellor xestión para as veciñas e veciños de Foz”. “As compañeiras e compañeiros fixeron posible un gran apoio a este proxecto no ano 19, que trouxo unha moi necesaria estabilidade ao noso municipio e que permitiu desenvolver un programa de futuro, serio e comprometido no que a pesar do difícil contexto sanitario que nos tocou afrontar xa estamos vendo froitos moi importantes”.
Segundo o PSdeG-PSOE de Foz a pretensión deste novo período que comeza é potenciar o traballo, honesto e con rigor, da anterior executiva encabezada por Chema Linares.
“Somos un partido aberto e queremos que máis persoas se sumen a el. Mellorar a vida dos cidadáns acádase con un gran equipo, teño que agradecer a todos os compañeiros e compañeiras que forman parte da nova executiva o seu esforzo. Máis persoas se poderían ter sumado e vannos axudar, nótase a implicación e as gañas” – remarca Fran Cajoto.
A executiva encabezada por Fran Cajoto como Secretario Xeral está reforzada no plano político por Carlos García , Vicesecretario Xeral e responsable de Proxecto Político e Acción Electoral.
María Luisa Piñeira Núñez, da que destacan a gran capacidade de traballo, continúa como Secretaria de Organización e ocuparase tamén das áreas de Administración, Educación e Saúde. José María Linares Rodríguez pasa a ser Secretario de Facenda, Turismo e Cultura e Jesús Hermida Carracedo Secretario de Política Municipal, Deporte e Xuventude. Completan a executiva Ana Matea Rojo Eijo, Secretaria de Igualdade, Benestar e Dependencia; Javier Fraga Fernández, Secretario de Medio Rural, Medio Ambiente e Transición Ecolóxica; Vanina Cabrera Sánchez, Secretaria de Emprego e Comercio; María Nelly Castro Neira, Secretaria de Xubilados e Pensionistas e José Ramón Villarino Neira, Secretario de Pesca e Patrimonio.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



