A Mariña, 10 de marzo, 2022. A Plataforma de Veciños Afectados pola Macrocentral Hidroeléctrica do Xistral, vén de presentar ante o Ministerio 4.430 firmas recollidas en contra da central hidroeléctrica reversible do Xistral.
Así mesmo, a Plataforma neste período de consultas que rematou onte, 9 de marzo, no que particulares e demáis colectivos podían mostrar o seu rexeitamento a esta obra, axudou a presentar 160 alegacións contra o anteproxecto da central.
Dende a Plataforma temos constancia de máis alegacións presentadas por fóra da mesma, tanto a título persoal como por diversos colectivos e asociacións, pero descoñecemos o número exacto delas.
Recordamos que os órganos consultados tiñan un prazo de 20 días hábiles dende que recibiron a consulta, polo tanto, para eles o prazo xa rematou fai varios días, non dispoñemos de información de se todos os consultados emitiron informes.
Referente a polémica xurdida en canto a prazos para alegar, a intención da Plataforma nunca foi de crear crispación nin malestar na veciñanza, simplemente nos dedicamos a informar dos plazos segundo marca a lei nestes casos.
A valoración desta etapa que rematamos hoxe é moi positiva, agardamos que todo este esforzo que se fixo en tan pouco tempo teña a súa recompensa axiña.
O representante de Desarollos Del Malache, S.L.U., Pedro Machín, manifestou que non seguirían adiante co anteproxecto se había oposición veciñal, polo tanto, entendemos que queda demostrado que non queremos nin este, nin outro anteproxecto que veña a interrompir as vidas e o traballo dos nosos veciños, e así agardamos que lle chegue á empresa promotora. O positivo que poidera traer, non compensa o negativo, e dende a Plataforma tivémolo moi claro dende un primeiro momento con un dos nosos lemas “Renovables SI pero NON así”
Dende a plataforma queremos agradecer tamén ós diferentes colectivos e asociacións que mostraron o seu apoio presentando escritos contra o anteproxecto ou adheríndose á Plataforma, que son os seguintes:
Asociación de veciños de Recaré, Asociación de veciños Pena Abaladoira do Pereiro, C.M.V.M.C Guilifonso e Cabalar do Pereiro, C.M.C.M.C de Vilacampa, C.M.V.M.C Xestaca e Granda Vella de Santo Tomé, C.M.V.M.C do Cadramón, C.M.V.M.C de Miñotos, Seminario de Estudos do Valadouro, Asociación de veciños de Fazouro, Asociación de veciños de San Vicente de Lagoa, ANPA CEIP Castro de Ouro de Alfoz, Asociación de Sendeirismo Paso Miúdo, Asociación de veciños de San Pedro de Mor e Asociación Rebinxe.
Na seguinte fase que comeza agora, agardamos poder dispoñer da información de todos os informes presentados, e mentras tanto seguiremos traballando e informando á veciñanza dos pasos a seguir.
Para o vindeiro domingo, día 13, hai convocada unha manifestación de repulsa contra o anteproxecto presentado, para que quede claro que non o queremos no noso Val.
A manifestación discorrerá entre os lugares onde irían instaladas as balsas superior en Vilacampa e a inferior en Recaré, con fin de dar a coñecer a magnitude do anteproxecto á veciñanza.
Ó remate da mesma, na igrexa de Recaré, procederáse á lectura dun manifesto e daráse por finalizado o acto.





















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



