Lugo, 15 de marzo de 2022. O deputado de Deportes Efrén Castro presentou esta tarde no Pazo de San Marcos a XXXVIII Copa Deputación de Fútbol nas categorías senior, na que participarán 76 equipos de Liga Galega 1ª e 2ª División Feminina, Preferente Autonómica Masculina, Primeira, Segunda e Terceira Autonómica Masculina.
A competición, que arrancará o 17 de maio, ofrece aos equipos a posibilidade de participaren nunha competición de ámbito provincial, con alicientes competitivos diferentes aos das ligas, ao tempo que supón unha inxección económica para os clubs xa que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo concederá premios aos conxuntos participantes, en función dos partidos disputados e das eliminatorias superadas (entre 385 e 450 euros por eliminatoria xogada como visitante e 450 e 600 por eliminatoria xogada como local, segundo as categorías)
Efrén Castro sinalou que “o patrocinio desta competición responde ao compromiso da Vicepresidencia da Deputación co tecido deportivo, ao que se ofrece apoio económico con distintas liñas de axuda e tamén oportunidades para competir e seguir formando aos xogadores e xogadoras” e lembrou que “ao longo do ano se celebran tamén competicións de ámbito provincial noutras disciplinas como o baloncesto, o atletismo ou piraguismo con ese mesmo obxectivo”.
O deputado de Deportes sinalou tamén “que a incidencia social dun deporte como o fútbol, que conta con moitas persoas afeccionadas, converte tamén esta competición nunha oportunidade para a dinamización das localidades que acollen os partidos”.
No acto de presentación, no que participou o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol Carlos Méndez e o delegado en Lugo Manolo Vilachá e que contou coa presenza de persoal directivo de medio cento de clubs, realizouse o sorteo para definir os emparellamentos nas distintas categorías, que se xogarán dacordo co seguinte calendario.
Calendarios
Liga Galega 1 División Feminina e Liga Galega 2 División Feminina
(9 equipos)
Fase Previa: 17 de maio
Cuartos de final: 5 de xuño
Semifinais: 12 de xuño
Final: 19 de xuño
Preferente Autonómica e Primeira Autonómica Masculina
(27 equipos)
Fase Previa: 17 de maio
Octavos de final: 5 de xuño
Cuartos de final: 12 de xuño
Semifinais: 19 de xuño
Final: 26 de xuño
Segunda e Terceira Autonómica Masculina
(49 equipos)
Fase Previa: 17 de maio
Desaseisavos de final: 22 de maio
Octavos de final: 29 de maio
Cuartos de final: 5 de xuño
Semifinais: 12 de xuño
Final: 19 de xuño
Os cadros e horarios publicaranse que na web da Federación Galega de Fútbol (www.futgal.es)
Entrada libre para os afeccionados
Nos partidos desta competición non se poderá cobrar entrada polo que o acceso aos encontros será libre para as afeccionadas e afeccionados que queiran acudir.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
