Cervo, 25 marzo de 2022. O concello de Cervo non considera acertada a actuación que a Deputación de Lugo realizou á hora de reparar a Ponte da Obriga, en Sargadelos.
A ponte atopábase en mal estado despois de que varias pedras que formaban o seu muro caeran ao río, provocando situacións de perigo para os visitantes da zona.
A institución provincial considerou que a mellor solución posible para esta ponte – repetimos, protexida por Patrimonio – era a de colocar un quitamedos convencional ao longo de toda a súa lonxitude, evitando así volver a devolver o muro da ponte ao seu estado orixinal.
Para o alcalde Alfonso Villares “esta actuación por parte da Deputación Provincial de Lugo non se adecúa ao patrimonio natural e histórico dunha zona tan especial do noso municipio como é o Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos, que ademais se trata de un Ben de Interese Cultural”.
“Desde o Concello de Cervo queremos preguntarlle á administración provincial se, en primeiro lugar, pediron permiso a Patrimonio para realizar esta intervención e, en segundo lugar, se deron conta a dito organismo da actuación que levaron a cabo” inquiriu o rexedor.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.


