Segundo un estudo que publicou a revista TIEMPO, o Produto Interior Bruto (PIB) do país que conseguiu vencer o mundial de fútbol podería incrementarse nun 0,7% grazas á influencia positiva que tería a noticia, xa que elevaría a confianza da poboación e, en consecuencia, tamén o consumo.
Algúns crédulos e animosos perden o xuízo. Para empezar, o mesmo díxose respecto da Eurocopa. Creceu o PIB entón?. Evidentemente o Mundial ten maior magnitude, pero dubido moito que sexa capaz de rascar máis dun par de décimas vía turismo e algo de consumo, e iso sendo moi “animoso”. Non é casualidade que esta noticia aireárona a mesma clase de pseudoeconomísticos animosos, que cren que a economía responde fundamentalmente a estados de ánimo. E aínda que sexa verdade que hai unha correlación entre gañar o mundial e que o PIB medre , creo que aquí se pasou por alto a contorna mundial. Non estamos en tempos de expansión económica, e os brotes da “recuperación” marchitanse sen piedade.
Con estes indicadores así, como collóns se pretende ou se pode crer, que un evento deportivo poderá ter repercusión positiva na economía, máis aló dalgúns miles de guiris que visiten España. Crer que levantar a copa poderá darnos un 0,7 no PIB, é vivir noutra dimensión, noutra realidade,.
E ademais tendo en conta que o que se vía na rúa os cartos que se moveron foron para camisetas e bandeiras roxo e gualda por si non o sabiades as camisetas da ROXA patriótica e pandereteira fanse no 90% en China e as Bandeiras no 100% así que quen estarán contentos son os chinos de Xangai e quizabes alí si que se notara na súa economía, tamén os Escoceses venderon mais wisky e os mexicanos e irlandeses máis cervexa.
Dar a opinións coma se foses un oráculo é absolutamente ridículo. Ser economista non consiste nisto, señores. Iso é rebaixar a profesión que xa esta bastante desprestixiada a unha especie de quiromante -de charlatán- da economía.
Otero Regal




















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



