A finais do século pasado, aparecía un termo que xerou controversia dende aquela: globalización, para referirse a un proceso económico, tecnolóxico, político, social e cultural a escala mundial, baseado na crecente comunicación e interdependencia entre os distintos países, unindo os seus mercados a través dunha serie de transformacións sociais e políticas que lles brindarían un carácter global. A sociedade, de súpeto, abría as súas portas á revolución informática, chegando a un nivel de liberalización salvaxe no terreo ideolóxico, no ordenamento xurídico e nas relacións internacionais.
Dous xornalistas e pensadores galegos -Ramón Chao e Ignacio Ramonet- advertían naquel tempo dos riscos da globalización, “que acaba con todo” -dicían-, entre outras cousas, coa prensa, “que pasará a estar controlada polo poder económico e polas grandes multinacionais”. E moita xente non soubo interpretar o discurso, que non era catastrofista, senón mais ben pesimista coa realidade do momento e, sobre todo, inconformista. Así xurdiu o movemento ATTAC -Asociación pola Taxación das Transaccións financeiras e de Axuda aos Cidadáns- en 1998, logo da publicación dun editorial de Le Monde Diplomatique titulado “Desarmar os mercados”. A globalización estaba a construir un “Estado” propio, co seu aparello, redes de influencia e medios completamente independentes da sociedade, e actuaba desestruturando as economías nacionais, desprezando os principios democráticos, presionando aos países, e esixindo máis e máis beneficios, mentres se incrementaba a desigualdade.
Nestas semanas asistimos ás consecuencias da globalización. Deixemos de rosmar, pois estabamos avisados polos voceiros altermundialistas, que nos alertaron dos danos colaterais do neoliberalismo -como a externalización ou a deslocalización- e nos animaron no seu día a pensar en solucións ecolóxicas e democráticas, co obxectivo de garantir os dereitos fundamentais da cidadanía. Neste novo escenario, agora vemos como a protesta dos transportistas ameaza con enquistarse; os paros, que arrincaron a mediados de marzo, lonxe de disiparse, medran. E os efectos percíbense nos estantes dalgúns establecementos, onde quedaron baleiras as zonas de produtos coma o leite e os frescos. Tamén asoman os problemas de abastecemento en fábricas, industrias e plataformas de construción. A oferta inicial do goberno, cun paquete de subvencións de cincocentos millóns para o gasóleo dos profesionais, non convenceu a boa parte das patronais que agrupan a autónomos e pemes, nin tampouco á plataforma de camioneiros que convocou a folga, e finalmente rematou en mil douscentos millóns de euros, que se di pronto. E ante a repercusión no consumo, supermercados, grandes superficies e fabricantes piden unha saída a esta crise, que golpea as súas contas e pon en risco miles de empregos. Un panorama desolador. Por sorte e grazas a unha boa negociación política, menos mal que conseguimos o recoñecemento europeo de España e Portugal como “illa enerxética”.
Se algo sorprendeu durante as semanas de folga é que os problemas concentráronse fundamentalmente en Galicia, epicentro das mobilizacións de transportistas. A explicación vén polo peso que ten aquí o sector primario. Tanto a pesca coma o sector lácteo da nosa terra teñen unha importancia vital para fornecer de materia prima ao resto do Estado. As principais organizacións dos sectores agrario e da alimentación pediron rematar a convocatoria coa máxima urxencia, ao considerar que pon en risco o abastecemento de produtos, así como a continuidade de miles de negocios. Os problemas de desfornecemento en sectores como a automoción e a construción, asociados onte á pandemia e hoxe á guerra en Ucraína, xunto coa folga de transportistas, provocaron paróns nas obras ao comezo desta primavera. Para evitar o colapso do sector, a patronal das empresas que fornecen os materiais para construción, rehabilitación e reforma xa reclamou un plan de choque que garanta a circulación nos puntos clave de provisión e asegure a distribución en fábricas e centros loxísticos. Co transporte paralizado, as familias sen poder facer fronte aos prezos da enerxía, as factorías paradas, as lonxas saturadas de peixe e o campo a piques de sucumbir, é urxente adoptar medidas que axuden a superar esta situación caótica “in crescendo”. Como xa fixeron Alemaña, Francia, Italia, Portugal, Bélxica, Irlanda ou Polonia.
Estamos a vivir o fin da globalización, que nos acompañou durante tres décadas e que se confirmou coa caída da Unión Soviética e o remate da Guerra Fría. Chega unha nova orde mundial (no económico, no social, no político e, por suposto, no eido xeoestratéxico), que require novas ideas e novos proxectos, que pasarán -irremediablemente- pola reactivación do mercado local. A preservación do planeta non virá do progreso tecnolóxico nin do mercantilismo dos recursos naturais, senón dunha redefinición radical do desenvolvemento en ruptura co produtivismo e co consumismo. Porque outro mundo é posible!!!






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



