Ribadeo, 5 de abril de 2022. O Concello abrirá proximamente o proceso para a concesión de 3 postos no interior da praza de abastos ribadense, co obxectivo de que a ocupación sexa do total da súa capacidade. Pablo Vizoso, concelleiro de Desenvolvemento Local, subliñou que o Concello busca así ampliar a oferta existente neste espazo apostando pola diversificación, pola innovación, pola sostibilidade e pola creación de emprego.
O edil ribadense contou que “o Concello abrirá proximamente o proceso para a concesión de 3 postos no interior da praza de abastos de Ribadeo, co obxectivo de que a ocupación dos postos sexa do total da súa capacidade”.
Pablo Vizoso manifestou que “con este proceso búscase ampliar a oferta existente neste espazo apostando pola diversificación, pola innovación e pola a sostibilidade dos postos que se asenten e tamén pola creación de emprego”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local dixo: “consideramos desde o Concello que o momento actual é o máis axeitado para facer este proceso, xa que a alimentación de proximidade ten máis sentido ca nunca. Coñecedores tamén do papel que xogan nas vilas coma Ribadeo este tipo de espazos dinamizando as contornas e tamén dinamizando e axudando ao sector primario, entendemos que a praza de abastos debe ser un lugar abandeirado e de referencia no consumo alimentario de Ribadeo, que aposte por postos que diversifiquen e que á súa vez integren valores diferenciais na súa oferta e na súa marca como produto local e de proximidade, que abonden na sostibilidade e na economía circular promovendo así o atractivo da praza de abastos coma lugar e referente de venda principal dos produtos alimenticios e dos produtos de proximidade de Ribadeo e por suposto promovendo a actividade comercial e o incremento do emprego”.
Vizoso Galdo engadiu que “deste xeito o Concello quere adiantarse con esta nova á publicación da apertura do proceso de concesión e de ampliación no seu afán de transparencia e de informar con antelación para que as persoas interesadas e emprendedoras conten co tempo suficiente para preparar as súas propostas”.


























O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



