SAN CIBRAO .- A asociación MariñaPatrimonio expresa a súa satisfación tras conseguir que a Xunta de Galicia decida conservar o xacemento do Castro da Atalaia e recoñeza o seu extraordinario valor arqueolóxico. Agarda que os acordos non dean pé a construír cun novo proxecto ou co xa existente, pero maquillado. A conservación do xacemento é incompatible con calquera proxecto urbanístico, afirman.
MariñaPatrimonio aseguram que continuará traballando para que se clarifique o nivel de responsabilidade do concello, do construtor, da empresa de arqueoloxía contratada polo construtor e do anterior equipo de Patrimonio da Xunta de Galicia por presuntas irregularidades.
MariñaPartrimonio di recoñecer o esforzo do señor alcalde, Alfonso Villares, por enmendar os gravísimos erros cometidos polo anterior equipo de goberno, do que formaban parte José Insua, José Manuel Balseiro e o propio Alfonso Villares, ao conceder as licenzas de obra, malia coñecer a existencia dun xacemento arqueolóxico, e ao non acatar a orde de paralización ditada por Patrimonio. O resultado destas accións foi a destrución de 1600m2 deste excepcional xacemento.
Nota de Prensa
Nota de prensa de MariñaPatrimonio sobre os acordos da Dirección Xeral de Patrimonio en relación co castro da Atalaia
Coñecidos os acordos da Dirección Xeral de Patrimonio en relación co castro da Atalaia, MariñaPatrimonio quere expresar a súa satisfación tras conseguir que a Xunta de Galicia decida conservar o xacemento e recoñeza o seu extraordinario valor arqueolóxico.
Queremos en primeiro lugar felicitar os veciños de San Cibrao que se opuxeron á destrución deste xacemento así como felicitar tamén a todas as persoas e asociacións que colaboraron na defensa do castro.
Por suposto, felicitamos á Dirección Xeral de Patrimonio pola súa atinada decisión e recoñecemos o esforzo do señor alcalde, Alfonso Villares, por enmendar os gravísimos erros cometidos polo anterior equipo de goberno, do que formaban parte José Insua, José Manuel Balseiro e o propio Alfonso Villares, ao conceder as licenzas de obra, malia coñecer a existencia dun xacemento arqueolóxico, e ao non acatar a orde de paralización ditada por Patrimonio. O resultado destas accións foi a destrución de 1600m2 deste excepcional xacemento.
MariñaPatrimonio volverá solicitar unha reunión co Conselleiro de Cultura para, ademais de achegarlle os nosos parabéns pola decisión adoptada, nos garanta que non se vai permitir ningunha nova construción enriba do xacemento, dado que queda claro tanto nos acordos da Comisión Provincial de Patrimonio como nos informes dos técnicos de Cultura así como nos acordos da Dirección Xeral de Patrimonio que a conservación dos restos é incompatible cos proxectos construtivos. En definitiva, agardamos que estes acordos non dean pé a interpretar a posibilidade de construír cun novo proxecto ou co xa existente, pero maquillado. A conservación do xacemento é incompatible con calquera proxecto urbanístico.
Así mesmo, MariñaPatrimonio continuará traballando para que se clarifique o nivel de responsabilidade do Concello na destrución do Patrimonio por outorgar licenzas presuntamente ilegais e non obedecer a orde de paralización ; do construtor pola presunta destrución de patrimonio arqueolóxico inventariado ;da empresa de arqueoloxía contratada polo construtor que realizou as escavacións e do anterior equipo de Patrimonio da Xunta de Galicia por presuntas irregularidades.
A nosa asociación estima que o castro da Atalaia pode chegar a ser o gran referente arqueolóxico do norte de Galiza e apoiará todas as accións que a Xunta de Galicia e o Concello de Cervo leven a cabo para acadar este obxectivo.





















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.