Lugo, 12 de abril de 2022. O goberno provincial, sobrado de prepotencia, non acaba de entender que non pode facer as cousas como quere senón que as ten que facer segundo establecen as normas e os procedementos. Parece que nin con sentenzas xudiciais moi claras, como a que anulou a entrada da Deputación no accionariado de Tragsa, é capaz de endereitar o rumbo. O portavoz dos populares, Javier Castiñeira, avisa de que “o grupo provincial do PP non vai ser cómplice das chapuzas, máis propias de Pepe Gotera y Otilio que dun goberno serio e rigoroso como merece a Deputación Provincial de Lugo”. Informa que no pleno extraordinario que se celebrou esta mañá a corporación provincial votará en contra da proposta coa que o goberno, despois da sentenza citada, intenta salvar a situación e manter a Tragsa como medio propio.
Castiñeira sinala: “Temos unha sentenza de hai poucos días, que nos di que tanto o decreto de presidencia de 13 de decembro de 2019 como o acordo da xunta de goberno, de 27 de decembro de 2019, son nulos de pleno dereito e convócasenos a un pleno para propoñernos que ratifiquemos eses dous acordos que o xulgado do Contencioso número 1 de Lugo di que son nulos de pleno dereito. O PP votará en contra desta proposta, por varias razóns, as mesmas que tivo sempre”.
Por un lado, o PP vota en contra porque está convencido de que recorrer esta sentenza, como pretende o goberno provincial, “empeora a situación, porque aumenta a inseguridade xurídica e alonga este proceso”. Tamén dirán non os populares á proposta do goberno porque “non se resolve o problema dos antigos traballadores de Suplusa, que solicitan incorporase ao cadro de persoal da Deputación de Lugo e non ser subrogados a Tragsa; piden os mesmos dereitos e o mesmo trato que tiveron outros compañeiros antes”. Os traballadores “teñen un proceso aberto e o que pide o PP é que se resolva antes con vontade política ese proceso que está nos xulgados”.
Os populares están en absoluto desacordo con esta proposta “porque non hai unha memoria económica que xustifique a entrada da Deputación de Lugo no accionariado de Tragsa; non xustifica todos estes encargos que se fixeron, por seis millóns de euros, e non xustifica tampouco os encargos sucesivos que se farán con base neste acordo; isto é pechar en falso un asunto que se xestionou mal dende o principio polo goberno provincial”.
En resumen, segundo sinala Castiñeira, “o PP vota en contra e reservámonos a posibilidade de volver recorrer, porque entendemos que non se están facendo as cousas acorde a Dereito e que é un prexuízo grande para a Deputación e para todos eses traballadores que están pendentes de resolver a súa situación laboral”.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



