Santiago de Compostela, 19 abril 2022. O BNG acadou o acordo unánime do Parlamento galego para instar á Xunta a levar a cabo todas as xestións necesarias para que o Goberno estatal integre ás escalas que desenvolven a súa actividade nos buques pertencentes ao Servizo de Gardacostas de Galiza no Réxime Especial de Traballadores do Mar e demandar segundo a lexislación vixente, nomeadamente o Real Decreto 1311/2007, os coeficientes redutores correspondentes establecidos no seu artigo 1.a.2º, reforzando ditas xestións coa elaboración dun informe propio sobre o índice de mortalidade e morbilidade que vén afectando ás persoas do Servizo ao longo dos anos e que posibilite unha argumentación aínda máis fundamentada a prol desta histórica reivindicación das e dos profesionais do servizo.
Nunha proposición non de lei defendida na comisión parlamentaria de Pesca, a portavoz nacionalista do ramo, Rosana Pérez, recordou que o citado decreto regula o réxime xurídico e o procedemento para establecer coeficientes redutores e anticipar a idade de xubilación no réxime da Seguridade Social e recolle, neste sentido, tanto as actividades laborais de escalas, categorías ou especialidades cuxo exercicio supoña a suxeición a unha taxa excepcional de perigosidade, penuria, insalubridade ou toxicidade e nas que se comproben elevadas taxas de morbilidade, mortalidade ou de incidencia de enfermidades profesionais; como aquelas cuxo desempeño, en función dos requisitos físicos ou psíquicos requiridos, supoña unha penuria excepcional e experimenten un notable incremento da sinistralidade a partir dunha determinada idade, constituída pola taxa de accidentes de traballo e/ou a taxa de enfermidades profesionais.
Pérez recalcou que o persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza está sometido precisamente a unha serie de peculiaridades nesta liña, como que o seu réxime de traballo se desenvolve entre as 00 e as 24 h, todos os días do ano, en función das quendas rotatorias que establezan as persoas responsables, ou que para o desenvolvemento da súa función inspectora, utilizará medios terrestres, marítimos ou aéreos indistintamente, ou unha combinación de varios deles, segundo o carácter da misión e seguindo as instrucións recibidas.
De igual xeito, advertiu que este persoal funcionario está adscrito ao Réxime Xeral da Seguridade Social a pesares de ter a obrigatoriedade de cumprir todos os requisitos do persoal embarcado, sen que se lle recoñeza ningunha protección nin coeficientes respecto a outros servizos de análoga natureza adscritos ao réxime do Instituto Social da Mariña (ISM), o que, ao seu xuízo, inflúe na súa operatividade dado a avanzada idade que en moitos casos presentan as tripulacións e que se reflicte en doenzas crónicas asociadas á actividade ou unha maior exposición a sufrir accidentes.
Pérez advertiu que o servizo ten encomendadas tarefas de salvamento marítimo que, na costa galega son por desgraza frecuentes e para as que é necesario estar nunhas condicións físicas óptimas que non se teñen superada certa idade e advertiu neste sentido que o ISM excluíu a estes traballadores da redución da idade mínima de xubilación que si recolle o citado real decreto para determinar a pensión de xubilación do Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar por consideralos “persoal de seguridade”, obviando as funcións que desenvolven en materia de salvamento e de loita contra a contaminación mariña accidental.
Segundo salientou a deputada nacionalista, a situación actual dos traballadores e traballadoras do Servizo de Gardacostas de Galiza no relativo á súa idade de xubilación resulta aínda máis inexplicable se se teñen en conta as distintas sentenzas xudiciais favorables a varios profesionais que demandaron ao Instituto Nacional da Seguridade Social e que acabaron obrigándoo a aplicar os coeficientes redutores de idade. En boa lóxica, concluíu que se estes traballadores teñen no desenvolvemento do seu labor un tratamento específico en canto a dispoñibilidade, nocturnidade, perigosidade ou penosidade, este tamén “debe ser recoñecido cunha redución da súa idade de xubilación”.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



