Nota de Prensa
OS VECIÑOS DO PORTO DE ARRIBA, EN SAN CIPRIÁN, SÍNTENSE ABANDOADOS POLO GOBERNO MUNICIPAL DE CERVO
Roturas continuas da rede de abastecemento, fochas nas rúas e falta de limpeza nas praias e paseos son as queixas mais repetidas
CERVO, 20 DE XULLO. O GMS considera plenamente xustificadas as queixas dos veciños da zoa do “porto de arriba” en San Ciprián, que levan xa varios anos soportando o abandono do goberno municipal de Cervo. As rúas desta zoa presentan un estado lamentable, con numerosas fochas coma consecuencia das continuas roturas na rede de abastecemento e o paso de vehículos pesados por mor das obras, sen que o goberno de Cervo haxa feito nada.
O GMS presentou unha emenda aos presupostos, onde pedía a renovación da rede de abastecemento nesta zoa, pero o PP votou en contra e negouse a negociar un cambio nas partidas orzamentarias para dar prioridade a esta infraestrutura tan necesaria. O equipo de goberno de Cervo debe explicar de forma urxente por qué os veciños desta zoa non son unha prioridade para eles.
Unha zoa castigada polos gobernos do PP
En xeral, tanto a conexión do núcleo de San Ciprián con esta zoa a través do istmo coma as praias do entorno presentan falta de limpeza e a día de hoxe e tras os temporais do inverno, un dos marxes do paseo está inutilizado porque a area non foi retirada, polo que o paso está inutilizado para as cadeiras de bebé ou de persoas. Os accesos as praias de Cubelas e o Torno nesta zoa, tamén presentan dificultades coñecidas polo equipo de goberno en canto a accesibilidade de persoas con mobilidade reducida, u problema de fácil solución, que o PP tampouco quere solucionar.
Abrir a Atalaia ao mar
A pesar de ser unha zoa privilexiada, cun valor paisaxístico, medioambiental e arqueolóxico importante, o goberno do PP de Cervo adicouse a destruíla, primeiro coa construción dun observatorio de aves horroroso que non se integra no paisaxe e despois concedendo licenza de obra para edificar nunha zoa que debería de estar especialmente protexida polo goberno municipal para preservar o seu entorno.
Parece ser que de novo, o alcalde volve a confundir as prioridades e reclama diñeiro a Portos de Galicia para seguir adiante coa construción do observatorio, impedindo mais aínda a visión do mar dende a Atalaia.
Inversión urxente
Dende o GMS pedimos unha inversión urxente nesta zoa, dando prioridade a rede de abastecemento, arranxo das rúas, limpeza de praias e paseo e recuperación integral da Atalaia e entorno do Porto.


















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



