Viveiro, 20 de abril Ó longo do ano a Asociación de comerciantes colabora, participa e pon en marcha distintas iniciativas para fomentar e apoiar a cultura, o deporte, o arte…
Nesta ocasión seguimos apostando por poñer en valor “o cine”, un sector tan sumamente castigado nos últimos tempos e que non podemos permitir que desapareza o único que queda en Viveiro.
No mes de marzo, na campaña do Dia do Pai poñíamos en marcha o sorteo de 50 entradas para acudir ó cine en familia. A participación foi numerosa e os gañadores puideron desfrutar dunha “experiencia” de película en pantalla xigante, de olor a butaca de cine e de sabor a palomitas.
Para esta fin de semana poñeremos en marcha outra iniciativa para achegar o cine a tódolos pequenos. Consiste nun vale desconto de 2€ para o sábado 23 ou o domingo 24 de abril con 3 películas de animación e aventuras a elexir, “Los Tipos Malos”, “Sonic 2” e “Ainbo, la Guerrera del Amazonas”. Estes vales serán entregados nos colexios da zona para que cheguen directamente ós nenos, CEIP Pedrosa Latas de Celeiro, CEIP Landro, EEI San Roque, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEIP Plurilingüe de Covas e o CEP Lois Tobío.
O desconto será directo ó presentar o vale en taquilla, pero tamén se pode canxear previamente ó comprar a entrada online en www.cinesviveiro.com co código CINE4, este sistema é moi rápido e sinxelo e evita as colas na entrada do cine.
O cine volve a estar en funcionamento con películas tódalas fins de semana, estreas aquí ó ladiño da casa e que podemos aproveitar para vivir “experiencias” xunto ós nosos.
Apostamos por crear sinerxías entre sectores e axudar á recuperación do sector audiovisual. Nesta colaboración tamén participa a Asociación Prato-Do, co proxecto “Viveiro Sostible” que busca achegar o desenvolvemento sostible á poboación viveirense e moi especialmente á comunidade educativa.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



