Viveiro, 24 de abril, 2022. No IES María Sarmiento, estase realizando un proxecto en colaboración coa Deputación de Lugo, a Concellería de Educación e Turismo do concello de Viveiro, a Asociación “Amigos do camiño do Mar”, a Once e a Asociación Bágoas da Terra de Viveiro.
É unha actividade de grandes dimensións pola interdisciplinariedade departamental, polo abano de centros que están participando nesta e polo gran número de asociacións e organismos implicados que están poñendo o seu gran de area constituíndo unha gran mostra da cultura, e da arte ao longo do camiño de Santiago.
A actividade está distribuída da seguinte maneira:
En primeiro lugar os alumnos dos diferentes colexios ou institutos de Viveiro (CEIP Covas, CEP Lois Tobío, CEIP Landro, CEIP Vicedo, IES Vilar Ponte, IES María Sarmiento) realizan unha peregrinaxe a través dun tramo do camiño do mar, guiados polo presidente da Asociación Amigos do camiño do mar con chegada ao IES María Sarmiento onde se lles fai entrega dunha credencial financiada e selada polo Concello de Viveiro.
A continuación, visionan unha gravación elaborada pola CRTVG, Fundación Barrié e Fundación Catedral de Santiago e editado polo Departamento de Historia e arte do María Sarmiento, explicativo do conxunto escultórico do Pórtico da Gloria.
Finalmente fan un percorrido pola exposición “A Memoria do son”, que temos no centro, proxecto da colección de instrumentos musicais e arquivo documental do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo que permite contemplar réplicas dos instrumentos máis populares da Europa medieval entre os que están os do Pórtico da Gloria. A exposición aporta información sobre a instrumentación e ao mesmo tempo unhos códigos QR cos que poden escoitalos. A ONCE, a través da súa profesora Eva María Lage Gil, encargouse da transcrición a Braille dos diferentes paneis informativos.
O luns 25 Abri procederase a realizar unha cerimonia de clausura na que os alumnos de música do María Sarmiento poderán interpretar a Cantiga de Santa María número 100 coa oportunidade única de poder empregar o salterio da propia exposición entre outros instrumentos. O actor profesional Víctor Rolle recitará unha cantiga de amor musicalizada do cancioneiro Afonso Páez, así como o profesor de lingua galega Pepe Casariego, fará o mesmo cunha cantiga de Pero Meogo.
Todo isto nun decorado completamente medieval, con botafumeiro incluído, proporcionado pola presidenta da Asociación Bágoas da Terra de Viveiro: Mari Carmen Chipe.
“Estou moi satisfeita polo grande interese suscitado e a alta implicación por parte do alumnado, profesorado, e os diferentes organismos e colectivos, para potenciar o noso, a nosa cultura e a vinculación ao camiño de Santiago, neste caso, no seu paso por un tramo que da tanto de sí como é o de Viveiro, a través da música e desta fabulosa exposición da Deputación coa que tivemos a sorte de poder contar. Sen todos eles, isto non sería posible. Neste ano Xacobeo, e despois destos anos de pandemia, foi como traer a maxia da catedral compostelana, e todo o seu contexto, ao Concello de Viveiro e ao noso centro”






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



