Xermade, 25 de abril de 2022. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade executará obras de mellora no colexio de educación Infantil e Primaria (CEIP) de Xermade nas que investirá 267.500 euros.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou hoxe o centro para abordar os detalles da actuación con membros do equipo directivo. Explicou que os traballos xa saíron a licitación na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia e o prazo para presentar ofertas segue aberto ata o vindeiro xoves.
O proxecto incide na mellora da eficiencia enerxética e da accesibilidade. Contempla a substitución das ventás do edificio principal, que alberga as aulas; e dúas fiestras dun baño do comedor, situado nun inmoble secundario. Instalaranse novas carpinterías de aluminio con sistema de apertura oscilobatente, dobre acristalamento, baixo emisivos, acústicos e de seguridade e con cámara de aire intermedia.
Tamén está previsto reparar a fachada do patio interior da construción principal, incluída a renovación de canlóns e baixantes das augas pluviais. Instalarase ademais unha pérgola de conexión entre os dous edificios do CEIP para protexer das inclemencias meteorolóxicas e reformaranse os baños do comedor.
Arias sinalou que unha vez que se inicien as obras o prazo de execución estimado será de dous meses e medio. En calquera caso, destacou que se planificarán de xeito que non incidan no normal desenvolvemento da actividade escolar.
Tamén apuntou que as obras da Xunta nas infraestruturas escolares seguen os criterios establecidos no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, que aposta polos espazos abertos e multifuncionais, pola transformación dixital e pola configuración de espazos máis accesibles e inclusivos.




















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



