Santiago de Compostela, 28 de abril de 2022. A deputada socialista Patricia Otero denunciou hoxe que a Xunta está a abdicar á hora de exercer as súas obrigas e competencias ante os reiterados incumprimentos dos contratos por parte das empresas adxudicatarias do servizo público de transporte de Galicia, tanto o regular como o escolar. Por iso, volveu urxir hoxe ao goberno galego a asumir as súa tarefas de inspección e control e, de ser o caso, sancionar ou resolver as adxudicacións que se estean a vulnerar.
Otero alertou desta situación na Comisión 2ª do Parlamento, onde como exemplo deses incumprimentos referiuse á liña entre Ferrol e A Coruña. Neste caso, malia o anuncio do goberno galego de que se ía reforzar o servizo con 11 expedicións a maiores, “nin sequera se está a facer o número de viaxes mínimas que se contempla no prego”.
Sinalou que deberían ser 66 como mínimo, coa posibilidade dun 10% de incremento a maiores, ata un total de 73. Porén, nos horarios da empresa adxudicataria constan tan só un total de 60 expedicións entre ambas cidades.
Partindo deste exemplo, Patricia Otero demandou que a Xunta deixe de esquivar as súas competencias e que faga que se cumpra o que está adxudicado. Advertiu que, se non se fai así, as empresas poden ofertar o que queiran como melloras xa que nin sequera se lles esixe que asuman o mínimo que se recolle nos pregos.
Patricia Otero tamén evidenciou de novo as constantes e numerosas queixas dos usuarios e usuarias ante as eivas que presenta o Plan de Transportes de Galicia. Neste senso, enumerou atrasos e reducións de frecuencias horarias, supresión de servizos sen previo aviso, falla de publicidade de horarios, falta de prazas nos autobuses ou anuncios de melloras incumpridos.
“Esa situación non é puntual, senón estrutural” e afecta a case todo o territorio. Salientou os problemas detectados nas comarcas de Ferrolterra ou do Eume, así como no Barbanza, a zona de Santiago ou boa parte da provincia de Lugo.
Porén, a deputada socialista lamentou que a Xunta sigue a terxiversar a realidade e a negar as queixas e o malestar. “Como poden dicir que funciona excepcionalmente ben cando o certo é que moitísimos cidadáns todos os días non teñen un servizo público de transporte por estrada que se adecúe nin minimamente ás súas necesidades”, preguntou. “Non soluciona os problemas de mobilidade da cidadanía”, remarcou.
Por iso, instou á Xunta de Galicia a que “deixe de mirar cara outro lado”, que revise as queixas que está a recibir a diario e que recoñeza que existe un problema como primeiro paso para poder solucionalo. Nesta liña, remarcou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade debe “asumir xa, dunha vez, que as cousas non están a funcionar como eles din, o que constitúe “unha mostra da desconexión que ten con respecto ao malestar que existe na sociedade galega cun Plan de Transporte Público de Galicia que ten demostrado a súa ineficiencia”.
Neste escenario, Patricia Otero reclamoulle á Xunta que “reconsidere e reformule” o Plan de Transportes de Galicia cuxa elaboración e deseño custou máis de 12 millóns de euros, pero “non resolve as necesidades da cidadanía”.




















A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.



