Foz, 29 de abril de 2022. O alcalde focense, Fran Cajoto, afirma que o Partido Popular de Foz defende a traizón da Xunta á comarca da Mariña.
Fran Cajoto explica que “o Partido Popular de Foz no pleno municipal de onte, xoves 28 de abril, votou non a esixir á Xunta que cumpra o mandato do Parlamento Galego para que Altri se instale na Mariña. O voceiro local, Javier Jorge Castiñeira, intentou xustificar con escusas que a Xunta abandonara á comarca e mantivo silencio cando se lle pediu apoio para que Feijoo cumpra a súa promesa”.
O rexedor municipal de Foz engade: “estamos lendo todo o día escusas. Onte, xoves, na prensa o Partido Popular aseguraba que Altri non se podía instalar en Cervo porque Alcoa tiña a concesión do encoro do río Cobo e non era compatible. Hoxe, venres, cambian o argumento e agora o problema é que o caudal do embalse non é suficiente. Mañá o motivo será outro. A comarca da Mariña non se reduce a Cervo, somos 16 concellos e ninguén da Xunta se quixo reunir con nós para resolver os atrancos técnicos e buscar a mellor ubicación despois de 3 peticións por escrito. Isto é un absoluto escándalo”.
Para Fran Cajoto “o que resulta evidente é que o Partido Popular queda totalmente inhabilitado para defender o futuro das veciñas e veciños de Foz. Décadas de traballo que non se pelexaron por intereses partidistas. O Partido Popular pretende que defender á Mariña é atacar á Ulloa e resulta todo o contrario. O que queremos é un plan industrial para reactivar o futuro da nosa comarca e que as promesas se cumpran. Pedimos futuro para nós e os nosos fillos”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



