Cervo, 02 maio de 2022. O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, convoca o XII concurso fotográfico de medio ambiente “Cervo Respecta 2022”.
O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron no día de hoxe a nova edición deste certame.
Tal e como explica a edil, Mali Méndez, “os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia. Terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio”.
Deberanse presentar en formato dixital (JPEG), en alta calidade, a unha resolución mínima de 2.048 px. sen limitación de tamaño en MB; a través do correo medioambiente@concellodecervo.com.
O prazo para presentar as imaxes remata o 20 de maio ás 23:59 horas.
Hai tres premios establecidos. Un primeiro, un segundo, e o premio “Top Cervo” á mellor fotografía na que se identifique claramente algunha localización do municipio; dotados todos eles con figuras de cerámica de Sargadelos.
O fallo do xurado, composto por tres membros competentes na materia, farase público o 5 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente.
O rexedor destacou que se trata “dun evento consolidado no calendario do noso Concello, que serve para concienciar sobre o coidado da natureza e conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra cada 5 de xuño”.
Villares e Méndez animan a todos os amantes da fotografía a “que participen e nos fagan chegar as súas instantáneas, co fin protexer o noso medio natural; ao tempo que nos permiten coñecer o seu traballo e descubrir lugares e situacións únicas”.




















Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.