Burela, 7 de maio, 2022. O Pescados Rubén Burela consegue impoñerse ao Alcorcón en penaltis nesta disputadísima semifinal da Copa da Raíña. O conxunto de Julio Delgado, ten o seu billete directo á gran final, onde as laranxas darano todo para levar este gran título.
Na tarde de semifinal de hoxe no Paco Paz de Ourense, o partido arrincaba con ambos os equipos moi serios, nunha toma de contacto. Peque sería a que primeiro ía probar á meta Estela despois dun pase en profundidade de Danny.
Os primeiros 10 minutos o Burela estaba na pista executando un bo xogo e tendo máis intencións para poñerse por diante, con disparos de Elenita e Danny. As ocasións máis claras para inaugurar o marcador chegaron a mans de Bea Mateos en primeiro lugar, tras a súa incorporación na rotación, que despois de golpear un rexeite na área coa cabeza este acaba dando no poste e en segundo lugar Ale de Paz, que apunto estivo de abrir o marcador tras unha asistencia que lle viña desde a ala dereita.
Pasados os 10 minutos o partido seguía igual, con ocasións de todo tipo para o Burela que non lograban materializar. A máis destacada foi unha condución de Peque que facendo un pase desde o á esquerda, este se envelenou e golpeou no poste. En toda esta abundancia de ocasións, o Alcorcón case se adianta pero Sandra interveu para evitalo. Os dous últimos minutos desta primeira parte , ambos os equipos intercambiaron ocasións claras, as nosas con Peque que recollía un balón picado de Danny que non puido entrar, e outra por parte de Irene do Alcorcón que se vai fóra. Con isto ía finalizar a primeira parte con todo por decidir nos seguintes 20 minutos de xogo.
A segunda metade empezaba co Burela buscando o gol inicial, pero a defensa incansable do Alcorcón estaba a evitar por todos os medios o gol laranxa. O conxunto madrileño desgastábase na pista, e estaba a tentar aproveitar algún contragolpe, o que máis preto estivo foi despois dunha xogada de Emilly con pase de Bea moi clara , que contestou o Alcorcón cun disparo ao traveseiro.
A pesar de non estar a dominar o enuentro, o Alcorcón tiña as súas oportunidades, e ían ser elas as que se ían a adiantar no marcador por mediación de Tania no minuto 31. Non ía durar moito esta vantaxe, xa que o Burela un minuto despois ía empatar o partido con Gol de Peque a partir dunha xogada combinada. Co empate as laranxas xogaban mellor sobre a pista, e tiveron oportunidade para poñerse por diante cun disparo de Dany que acaba no traveseiro.
O partido ía acabar nos 40 minutos regulamentarios con empate, despois de todo o sucedido, e íase a decidir por quenda de penaltis. Na quenda de penaltis, tras unha estelar actuación de Jozi, que chegou a parar 3 penaltis, detendo un repetido, e unha alta porcentaxe de acerto por parte das nosas, conseguiron poñer o broche ao partido e clasificarse para a inminente final ante o Atlético Navalcarnero.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela: Sandra Buzón, Peque, Ale de Paz, Cilene, Dany -cinco inicial-, Bea Mateos, Irene Samper, Elenita, Elena, M.Cortés, Lara Balseiro, Cami e Jozi.
A.D. Alcorcón F. S. F: Aida de Miguel, Clau López, Laura Oliva, Nere Moldes, Estela -Cinco Inicial-, Tania, Laura Sánchez, Ballesteros, Pepa, Paula Llorente, Patri, Marta Nuño, Marta de Diego e Iraia.
Goles: Min 31 Tania 0-1; Min 32 Peque 1-1.
Equipo arbitral: Diego Martínez García ,Tomás Santander Flamerique, Sara Gutiérrez Echevarría, Lydia Guillem Ramírez. Cartulina amarela a Julio Delgado e Cilene por parte do Pescados Rubén Burela.
Incidencias: Partido correspondente semifinal da Copa da Raíña, disputado no Palacio dos Deportes Paco Paz de Ourense





















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



