Santiago de Compostela, 9 maio 2022. A portavoz nacional, Ana Pontón, avanzou que o Bloque vai presentar no debate de investidura que comeza mañá no Parlamento galego “unha alternativa de goberno”, convencida de que “comeza a conta atrás para o cambio galego e de que o PP representa o pasado e o BNG, o futuro”.
“Sabémolo nós, sábeo a cidadanía galega e tamén o sabe o propio PP”, asegurou para engadir que, de feito, “se hoxe non convoca eleccións é porque sabe que as perdería e que o BNG representa a alternativa de futuro, que ten un proxecto para gobernar este País e para poñer en marcha un cambio galego” que, segundo recalcou, “aspiramos a liderar dende a humildade, o traballo, pero tamén dende a ambición de País e sobre todo, traballando man a man co conxunto da cidadanía galega”.
Pontón criticou que despois de 13 anos na que deixa unha “Galiza máis pequena e peor da que atopou”, Núñez Feixóo despídese da política galega “ao seu máis puro estilo”, facendo un “uso partidista” das institucións para, neste caso, usar a representación que lle corresponde a Galiza no Senado que, segundo advertiu, “está para defender a Galiza, non para darlle inmunidade e un altavoz partidista a Feixóo e moito menos para aforrarlle dous salarios ao PP”.
“Desde o punto de vista institucional, desde o punto de vista do Estatuto de Autonomía e desde o punto de vista constitucional, o que está facendo o PP e Feixóo é unha burda fraude de lei: é unha falta de respecto a Galiza e aos galegos e ás galegas”, reprobou, para recalcar a continuación que esta é unha mostra máis de que estamos ante o PP do non, “do non a todo o que significa a defensa de Galiza”.
A evidencia dos datos: a Galiza máis pequena que deixa o PP
Un “non” sistemático á defensa dos intereses galegos que, a xuízo da líder nacionalista, “ten consecuencias” e, neste sentido, apelou aos datos que confirman “a desfeita que nos deixan estes anos de goberno do PP do non”. Entre eles, apuntou os 218.000 mozos e mozas que tiveron que emigrar nun País que sofre ademais unha “crise demográfica terrible”, cunha caída da poboación do 4% dende 2009. “Somos 107.000 galegos e galegas menos”, alertou.
De igual xeito, advertiu dos recortes nos servizos públicos, co peche de 925 camas hospitalarias, con listas de espera, “por primeira vez na historia”, para poder acudir ao médico ou médica de cabeceira “nunha Atención Primaria colapsada” e co 85% das prazas de residencias privadas ou de xestión privada, “convertendo a vellez nun negocio a costa do benestar das persoas”. Pontón mostrou a súa especial preocupación ante a taxa de suicidios, a segunda máis alta de todo o Estado, “mentres segue habendo máis de 7.000 persoas en lista de agarda para unha consulta en saúde mental”.
Logo de sinalar os 138 centros de ensino pechados, “un de cada 10 centros do País”, e a redución do 4,5% do profesorado na educación pública mentres este incrementaba un 5,5% na privada, a portavoz nacional do BNG tamén ofreceu datos que evidencian a mala xestión do PP no ámbito económico, con menos emprego e sectores produtivos empequenecidos.
Así, subliñou que Galiza ten hoxe en día menos persoas afiliadas á Seguridade Social e menos poboación ocupada, cun paro que afecta sobre todo á mocidade e ás mulleres, “que soportan ademais unha fenda salarial do 19%” e, neste sentido, recordou que a taxa de poboación ocupada entre 16 e 29 anos reduciuse en 100.300 persoas, “practicamente a metade das que tiñamos en 2009”.
“Na Galiza do PP do non hai 600.000 persoas en risco de pobreza e cunha realidade que me preocupa especialmente e é que temos a porcentaxe de pensionistas en situación de pobreza extrema máis alta do Estado”, recriminou, para recordar a continuación a perda de 14.700 e 6.200 empregos na industria e na pesca, respectivamente, e a redución á metade das explotacións lácteas: de 13.349 explotacións en 2008 ás 6.768 actuais. A isto sumou o feito de que a superficie agraria destinada a produtos de consumo humano só alcanza na actualidade o 3,9%, fronte á media estatal que se eleva ao 25,5%, mentres que, iso si, o Goberno do PP deixa o 20% do territorio ocupado por eucaliptos.
Tras advertir que o País tamén está por debaixo da media en empresas altamente competitivas e que inviste menos que no conxunto do Estado en ciencia e a investigación, Pontón sinalou que, fronte a unha Galiza que foi a menos en poboación, emprego, industria e servizos públicos, no que si foi a máis co Executivo do PP foi na súa débeda pública, elevada ata o seu máximo histórico con 14.515 millóns de euros, o que equivale ao 19,2% do PIB. “Esta é a Galiza que nos deixa o PP do non, unha Galiza que vai a menos e que claramente se fai máis pequena”, concluíu.

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



