O voceiro do Grupo Municipal Popular, Manuel Rouco, propuxo durante a reunión coa directiva do centro a ratificación do apoio institucional cun acordo do pleno
Burela, a 10 de maio de 2022. Os populares de Burela apoiaron no Pleno da corporación municipal a proposta da directiva do IES Monte Castelo para “a implantación de formación FP Dual e do Bacharelato para adultos, así coma pequenas obras que mellorarán, se cabe, a calidade do centro educativo”. De feito, foi o voceiro popular, Manuel Rouco, o que durante a reunión celebrada a pasada semana e na que a directiva trasladou as súas peticións aos distintos grupos políticos propuxo como “mellor forma” de ratificar o apoio institucional de tódalas formacións da corporación un acordo do pleno. Esta fórmula permite darlle carácter formal ao mesmo tempo que respecta o acordado coa directiva do centro sobre “ir da man os tres grupos da corporación”.
Rouco lamenta, en relación ao anuncio do BNG, “a súa premura por facer política dunha cuestión que estaba a ser levada coa máxima pulcritude polas distintas formacións que teñen representación na corporación municipal” en beneficio de Burela, do centro e da comunidade educativa. “Sorprende especialmente tendo en conta que a formación do señor Pillado tivo, dende o primeiro momento, un interese moderado por non dicir escaso en levar esta cuestión ao pleno do Concello”.
No que se refire á cuestión estritamente educativa, o Grupo Municipal Popular teno claro: “somos fieis defensores da FP Dual como ferramenta educativa e de inserción laboral. Non de futuro, senón xa do máis absoluto presente. A consolidación desta modalidade no ámbito sanitario en Burela é primordial”, segundo defende Rouco.
“O Bacharelato para adultos parécenos da máis absoluta xustiza que quede na nosa localidade tendo en conta a cantidade de alumnado que recibe e que pode recibir nun futuro dada a localización de Burela e o IES Monte Castelo no centro da Mariña”, engade.
O popular explica que tamén “os cursos de formación continua que leva a cabo o centro parécennos do máis apropiados para seguir actualizando a todo o alumnado que decida aproveitar esta boa oportunidade que o profesorado do IES Monte Castelo nos brinda”.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



