Viveiro, 13 de maio, 2022. “Viveiro en ruta”, a web de rutas que puxo en marcha o BNG de Viveiro superou xa as 5.000 visitas en apenas unha semana e celebran o seu éxito incorporando unha nova sección na web: “Rutas en Familia”.
“Esta nova sección, estréase con 4 rutas sinxelas e de baixa dificultade pensadas para facer en familia e para que as crianzas comecen a descubrir a nosa contorna”, indica Míriam Bermúdez. Entre as posibilidades, polo momento, están a de ir até Penalba, os Muiños de Balea, o primeiro mirador de Monte Castelo e o Souto da Retorta.
Míriam Bermúdez incide en que “en Viveiro son necesarias alternativas para desfrutar en familia. O noso Concello necesita unha rexeneración na oferta de actividades apostando polo patrimonio e natureza”.
Míriam está convencida de que este novo apartado de viveiroenruta.com terá moi boa acollida como xa a tivo a propia páxina web, e asegura que “iremos ampliando o número de rutas en familia como fixemos coas demais, en tan só unha semana Viveiro en ruta pasou de ter 11 a dispoñer de 25 rutas, de todas as distancias e dificultades, así como tamén conta cos percorridos da Viveiro Bike Xtreme, da Camovi e mesmo do Camiño Natural do Cantábrico ao seu paso por Viveiro.”
Por último, Míriam Bermúdez quere agradecer a entidades, asociacións e veciñanza de Viveiro que colaboraron no proxecto compartindo rutas e con suxerencias de mellora para a páxina web.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



