A Mariña, 26 de maio, 2022. Verdes EQUO Galicia e o resto das organizacións territoriais de Verdes- EQUO en Asturias, Cantabria, Euskadi e Castela e León secundarán e participarán na viaxe reivindicativa pola supervivencia do tren que se desenvolverá do 26 e 29 de maio, saíndo de Bilbao ata chegar a Ferrol. A iniciativa, organizada polas Plataformas en Defensa do Tren do Norte, á que están adheridas estes grupos territoriais, pretende visualizar a importancia do bo funcionamento, mantemento e continuidade da liña ferroviaria de ancho métrico (popularmente, “de vía estreita”), así como dos tramos rexionais e de proximidade dos que se compón. Tal é o caso da liña A Coruña-Ferrol, que vén sendo maltratada pola ausencia de investimentos e a redución de frecuencias.
Verdes EQUO Galicia considera que estes servizos ferroviarios son indispensables para vertebrar a actividade social e económica entre poboacións e para transformar este medio público nun transporte de persoas e mercadorías con futuro, asegurando o dereito á mobilidade de toda a cidadanía e contribuíndo a cumprir os retos da emerxencia climática. O tren debe ser accesible, social, sostible, moderno e de calidade.
O partido verde aplaude a iniciativa das Plataformas, que coinciden no tempo cun momento crucial, o inicio da tramitación do novo Proxecto de Lei de Mobilidade Sostible. Esta normativa en tramitación pretende comprobar a rendibilidade económica de todas as infraestruturas postas en servizo desde o ano 2010, e endurecer a concesión de subvencións a aqueles traxectos que non son rendibles. Esta medida suporá, para Verdes EQUO Galicia, o principio do fin dos ferrocarrís rurais e comarcais de vía estreita.
“Fronte á mera rendibilidade económica deben prevalecer os criterios de cohesión territorial e social á hora de manter as liñas. De non ser así o Goberno estará a asinar o certificado de morte do tren convencional, especialmente nas comarcas interiores, as máis ameazadas polo despoboamento”, remarcou o covoceiro Néstor Vázquez.
Esta intención do Goberno de ir deixando morrer estas liñas ponse en evidencia coa falta de investimentos nos trazados, carencias no mantemento, polo gran número de incidencias rexistradas debido a atrasos, supresións… unha situación que está a provocar un constante e continua deterioración da calidade do servizo ferroviario.
Sobre o posicionamento dos Comités de Empresa de ADIF e RENFE, no que indican que as decisións en materia de normativa e seguridade adoptadas por ADIF, RENFE e a Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria van dirixidas a “cargarse a liña de proximidade á vista de todos/as” rexistrou unha pregunta no Congreso dos Deputados o grupo Verdes EQUO-Más País. Tamén se pide ao Goberno que aclare si o Proxecto de Lei de Mobilidade Sostible servirá para garantir a modernización das liñas ferroviarias de Ancho Métrico do Norte de España, ou si pola contra será o instrumento que empregue o Goberno para certificar a definitiva defunción do único sistema de mobilidade público e sostible co que contan moitas comarcas interiores do norte da Península.
Así, Verdes EQUO tamén solicitou a comparecencia da Ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para que explique as causas da deterioración acelerada que presentan as liñas de ferrocarril de vía estreita do Norte de España.
























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



