
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantén un encontro con representantes do Comité de Empresa de Alcoa San Cibrao.
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2022. O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta mañá en Santiago de Compostela un encontro con representantes do comité de empresa de Alcoa San Cibrao no que se avaliou a situación actual da planta e as perspectivas de cara ao futuro.
Un dos asuntos tratados foi o recente acordo alcanzado entre Alcoa e Greenalia, grazas ao cal San Cibrao está máis preto de acadar a subministración de enerxía renovable necesaria para reanudar a produción de aluminio primario en 2024. Así, este acordo vai permitir cubrir con enerxía renovable ata un 46% das necesidades de electricidade da planta.
Tal e como explicou Conde no encontro, a Lei de áreas empresariais de Galicia especificará que, sempre que cumpran coa normativa e con todas as garantías ambientais, se dará prioridade a aqueles proxectos eólicos que destinen o 50% da enerxía que produzan á industria asentada en Galicia para reducir así a súa pegada de carbono. Así, tal e como explicou o vicepresidente primeiro, os parques que se vinculan ás PPAs (Power Purchase Agreement, acordos de compra de enerxía) de Alcoa poderán beneficiarse desta nova normativa que vai favorecer á industria no seu conxunto.
O responsable de Economía, Industria e Innovación sinalou que de cara a futuro hai que seguir afondando no traballo, e así, Alcoa segue negociando con outras compañías para identificar novos contratos bilaterais. Neste sentido, Francisco Conde trasladoulle tanto ao comité como á propia empresa a colaboración da Xunta para identificar eses parques, avaliar a súa viabilidade e ao mesmo tempo garantir a súa tramitación administrativa para que poidan entrar en funcionamento canto antes, cubrindo as expectativas de prezo eléctrico competitivo que ten Alcoa.
O vicepresidente económico sinalou que é precisa a colaboración do Goberno central, tanto a través do Ministerio de Industria como do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a quen corresponde tramitar o 55% de toda a potencia que se inclúe no contrato de Alcoa e Greenalia, por tratarse de parques de máis de 50MW.
Conde subliñou que, aínda que os contratos bilaterais achegarán un custo da electricidade máis competitivo para a factoría da Mariña, segue a ser preciso un marco enerxético adaptado ás necesidades da industria electrointensiva. Do mesmo xeito, apuntou que na mesa de Alcoa se trasladará ao Goberno a necesidade de convocar canto antes o Perte para a industria electrointensiva, que permitiría mellorar a competitividade desde o punto de vista industrial da planta utilizando fondos europeos Next Generation.
Tamén no eido dos investimentos, na xuntanza lembrouse tamén que a Xunta vén de aprobar unha axuda de case un millón de euros para a mellora da eficiencia enerxética da planta de San Cibrao, que lle vai permitir reducir un 3% o consumo inicial de electricidade ao substituír o fuelóleo por gas natural.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



