Sabido é que a ría ‘volve chamarse’ de xeito oficial só Ría de Ribadeo. Nome único. Mais tamén, sabido é que en Asturias diferentes administracións comezaron a usar un nome non oficial, e continuaron usándoo, a pesar do ditame emitido no seu momento en contra dese nome, e sen queixa das administracións ó oeste da ría. Asumido é tamén que desta volta ha pasar o mesmo, que haberá administracións que non acatarán a resolución, sen consecuencias para as administracións pero si para a xente, que será animada a revolverse co nome como bandeira en troques de revolverse en contra doutras xestións administrativas de maior impacto e que non melloran o día a día. Sabido tamén que onte, ou hoxe, mentres os diarios galegos se facían eco da noticia da resolución sobre o nome da ría de Ribadeo, nos asturianos observábase un mutismo desconcertante á primeira vista, como se a noticia non tivera lugar. Desconcertante e contraditorio co tratamento dado á nova cando se fixo cooficial o nome usado pola administracións asturiana, hai ben poucos meses.
Tamén é asumido que volverá a polémica porque entidades asturianas están detrás crendo que lles interesa.
Menos sabido ou recoñecido é que a resolución ven dada por un órgano político e non técnico, e que este aproveitou un fallo metodolóxico para darlle unha reviravolta ‘parcial’ á súa decisión de hai uns meses, volvendo á situación que se mantiña dende hai tres lustros, en liña á súa vez con toda a historia anterior. Unha reviravolta ‘parcial’ porque é unha estimación ‘parcial’ das alegacións presentadas por cinco entidades, a Plataforma pola defensa da ría de Ribadeo, a Plataforma de marinos mercantes de Ribadeo, o Concello de Ribadeo, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia (a través da consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo). ‘Parcial’ porque o di o texto da resolución, texto que despois de argumentar que as cinco alegacións van ó mesmo (“procede la acumulación de recursos presentados”), pasa a facer o desenvolvemento de razoamentos nunha única resolución e só nomea á Deputación Provincial de Lugo (non é de estrañar que nos medios as dúas primeiras entidades desaparezan). E parcial, sobre todo, porque ó dicir no mesmo texto que é parcial e só por un defecto de forma, está a dicir que en calquera momento, outro intento, co defecto de forma emendado, logrará o obxectivo favorecido institucionalmente, contra a historia que se poda argumentar.
Tampouco é lembrado que a reclamación de cambio na legalidade do nome da ría de Ribadeo non é algo illado, senón que ven entroncado noutros feitos, dende o cambio de nome de Vega de Ribadeo a Vegadeo que se consumou hai cen anos á non contemplación do nome da ría nun nome xa tan longo como ‘Reserva de la Biosfera Río Eo, Oscos y Terras de Burón’. Nome este último que, se se mira na web das reservas aparece como remato de citar, mais a meirande parte das veces amósase como ‘Reserva da Biosfera Oscos-Eo’, mesmo sen as Terras de Burón, e obviando non só (como na denominación oficial) que a cuarta parte do territorio ó que incumbe non verte as súas augas ó río Eo, mais á ría de Ribadeo, senón tamén que o ‘Eo’ refírese ó río de xeito exclusivo, a máis de cambiar a orde dos nomes.
Engano? Ningún. As administracións non se enganan, todo o máis, trabúcanse. O que si, hai administracións que ás veces parecen o auténtico ministerio de educación. Transparencia administrativa? Con gafas adecuadas, total. Se non tes acceso a elas, ningunha. Dirección da administración? Como a voz do seu amo. Falta aí determinar quen é o amo, que para iso está a administración.

















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



