Luís Bará lembrou que os tribunais de xustiza tamén cuestionaron con diversas sentencias o modelo eólico “depredador” do Partido popular e criticou os abrazos do PP co presidente de Iberdrola e as portas xiratorias
Santiago de Compostela, 15 de xuño, 2022. O deputado do BNG, Luís Bará interpelou ao goberno galego contra o que cualifico de modelo eólico “abusivo” do Partido popular e pediu ao goberno que escoite aos concellos e cidadanía contra a implantación de novos parques ao longo do territorio galego.
Na súa intervención, o nacionalista criticou a tramitación de 275 proxectos eólicos con 7.200MW que están poñendo en perigo o territorio e que conlevan un gran impacto medioambiental polo que volveu a a pedir ao goberno que “escoite a cidadanía e respecte as sentenzas xudiciais”.
Tras a resposta do vicepresidente 1º e conselleiro de Industria e Innovación, Francisco Conde, o deputado nacionalista invitou a membro do goberno “a percorrer o país” e falar con todas esas persoas que se senten “agredidas” por un modelo “abusivo e irrespectuoso” que coloca grandes moles a 500 metros das súas casas.
“Debería vostede pisar máis o territorio e menos a moqueta” e as visitas aos despachos con “Iberdrola, Naturgy e Endesa”. Debería vostede ir máis aos lugares onde vive a xente angustiada polos megaproxectos eólicos. O BNG, remarcou, recolle esa angustia e alarma da xente e traemos ao Parlamento galego esa preocupación porque vostedes son, “os que agreden e a xente só pode defenderse”.
O deputado do BNG aludiu ás sentenzas do propio Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que reflicten claramente “o papel pasivo de afectados fronte a un papel activo de agresores e beneficiarios das empresas e da administración”. O TSXG chámanlle a vostedes e as empresas “agresores e beneficiarios”, quen agrede polo tanto, preguntou.
Fronte os 800MW concedidos no goberno bipartito, explicou Bará, o Partido popular 7.200 MW e a maiores o PP por anular o concurso eólico do bipartito co fin de beneficiar ás empresas amigas tivo que pagar 4 millóns de euros que debían, dixo, “pagar dos seus petos” e non con cartos públicos.
O deputado do BNG convidou ao goberno galego a seguir os pasos de Cantabria coa proposta para protexer o “94% do territorio e do 6% restante, un 3% con moita restrición para instalar enerxía eólica”.
Sobre a creación de postos de traballo no sector, o deputado do BNG criticou o “triunfalismo” de Conde e indicou que o propio Observatorio Eólico de Galiza, dependente da Universidade de Vigo afirma que “o 95% dos beneficios van para fóra” e no noso país quedan as “migallas”, un 5%. Ademais, o observatorio tamén indicou que todos os territorios cunha gran expansión eólica convértense en territorios cun “gran declive económico e demográfico”. Os datos do PP, afirmou, “son falsos” e a propia patronal da eólica confirmaba onte mesmo que o emprego crece na construción dos parques pero non no funcionamento.
O parlamentario do BNG propuxo un modelo eólico “ordenado e xusto” e por esta razón , argumentou, defendemos “unha empresa pública de enerxía e unha tarifa eléctrica” como existen en Noruega e Italia, empresas públicas para sacar beneficios como permite a normativa europea. “Queremos cambiar o marco normativo e garantir o rural e o medio ambiente”. Coa normativa actual tamén é posible crear “a tarifa eléctrica galega” que beneficie a fogares e empresas. Necesitamos fomentar o “autoconsumo” e todas estas propostas son posible e viables, pero para o Partido popular todo isto é anatema porque prefiren seguir beneficiando as grandes empresas eléctricas e as “portas xiratorias”, concluíu.






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



