Os populares lamentan que “o goberno coloque carteis para que os veciños non aparquen na vía pública coincidindo coa ponte de San Xoán e a Festa Castrexa, o que supón un prexuízo tamén para comerciantes e hostaleiros”
Burela, 23 de xuño de 2022. O Grupo Municipal Popular condena “a falta de programación e a total improvisación do goberno local en relación ás obras na rúa Rosalía de Castro”. Os populares entenden que as obras teñen que realizarse, pero “o que nos sorprende ao igual que aos veciños e comerciantes da zona son as datas escollidas para realizar estas obras: nin máis nin menos que unha ponte de verán e non unha ponte calquera, senón a de San Xoán que coincide ademais coa Festa Castrexa de Burela”.
Así o manifesta o voceiro, Manuel Rouco, trala aparición de carteis nos portais desta rúa anunciando o inicio dunhas obras que durarían dous ou tres días polo que se lles requiría aos veciños desta zona que se abstiveran de aparcar os seus vehículos na vía pública.
Rouco explica, por outra banda, que “a falta de celeridade á hora de executar as obras por parte do alcalde, o señor Alfredo Llano, e o concelleiro de obras, o señor Ramiro Fernández vai ser o que salve aos veciños da rúa Rosalía de Castro; xa que parece ser que a empresa adxudicataria non as actuacións que está a levar a cabo noutra zona e, polo tanto, non vai poder executar ata a semana as obras nesta rúa”. Con todo, “o desconcerto non deixa de estar presente porque os carteis continúan pegados nos portais anunciando unhas obras que non se van levar a cabo no tempo marcado”.
Prexuízos ao comercio e a hostalería
O popular advirte de que “os comerciantes e hostaleiros da zona, arredor de 12 locais afectados, verían minguadas as súas ganancias entre un 30 e un 40% ao longo destes días nos que se leven a cabo as obras”. Pero, engade ademais, que “o sector comercial xa se viu enganado cunhas axudas municipais para facer fronte á crise da covid -arredor de 125.000 euros anunciados- que nunca se chegaron a repartir na súa totalidade. As estimacións supoñen só unha quinta parte desa contía repartida”.
Rouco lembra que “ao comercio e a hostalería tamén se lles subiron as taxas municipais. Non só co último incremento efectuado polo goberno de Llano ao levarse a cabo a nova ordenanza reguladora, senón tamén co incremento do custo do contrato da recollida do lixo e limpeza viaria -máis dun 20% con respecto ao prezo do contrato anterior-”.
Os populares engaden a estes prexuízos “as trabas que lles pon agora o goberno local socialista estes días nos que pode haber afluencia de público e, polo tanto, se podería facer algo de caixa”.
Rouco condena “as formas de proceder que demostra día a día o equipo de goberno” e pregúntase “que futuro podemos esperar para Burela con este goberno socialista”.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



