Ribadeo, 28 de xuño de 2022. As obras do novo aparcamento que o Concello, coa axuda da Deputación de Lugo, está a acondicionar no casco histórico da vil marchan a bo ritmo, segundo o alcalde, Fernando Suárez. O rexedor asegura que estará listo para a celebración do Ribadeo Indiano. Contará cunha escaleira de madeira para que os peóns poidan acceder ao mesmo a través da praciña que está situada entre o Concello e o edificio de Aduanas.
Suárez Barcia contou que “as obras están avanzando a moi bo ritmo, refírome a estas obras de acondicionamento deste importante aparcadoiro municipal que estamos levando adiante nuns terreos que non son do Concello, pero si que son cedidos polos seus propietarios en tanto eles non constrúan nesta zona do casco vello. É unha solución moi importante que vai dar servizo aos residentes en toda esta parte do casco vello e tamén aos visitantes neste punto no que non hai moito aparcamento desde sempre. Son 70 as prazas coas que imos contar aquí”.
O alcalde dixo que “agora mesmo estase acondicionando, estase nivelando, estase afirmando con zahorra. A empresa que o está facendo grazas á colaboración e apoio, como tantas outras veces, da Deputación de Lugo. E ao mesmo tempo estamos construíndo unha escaleira para un acceso peonil pola praciña que está entre o Concello e o edificio de Aduanas para que os peóns poidan baixar directamente a ese aparcamento ou tamén poden acceder pola rúa Ibáñez ou pola rúa Nova”.
O rexedor agarda que este novo aparcamento estea listo dentro duns días: “contamos que este aparcamento estea listo precisamente para o Ribadeo Indiano, a celebrar dentro de poucos días”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



