O concelleiro popular presentou, no seu nome, un recurso xudicial contra a adxudicación das obras de acondicionamento dos aparcadoiros do cemiterio de Foz e do colexio Fondo Nois, poñendo os intereses do seu partido por diante dos veciños e veciñas de Foz
Foz, 28 de xuño de 2022. O Alcalde de Foz, Fran Cajoto, móstrase completamente indignado porque o voceiro do Partido Popular no Concello e na Deputación, Javier Jorge Castiñeira, queira boicotear proxectos da institución provincial no municipio despois de ter coñecemento de que o concelleiro popular presentou, no seu nome, un recurso xudicial contra a adxudicación a Tragsa das obras de acondicionamento dos aparcadoiros do cemiterio de Foz e do colexio Fondo Nois. “Intenta impugnar a adxudicación de obras en Foz, o que demostra unha vez máis que o señor voceiro pon os intereses do seu partido por diante dos veciños e veciñas de Foz”, asegurou o rexedor.
O Alcalde incide: “É moi grave. O voceiro do PP intenta bloquear o arranxo do estacionamento do cemiterio de Foz, adxudicado a Tragsa na Xunta de Goberno Local da Deputación de Lugo do 29 de abril, para seguir enredando coa liquidada Suplusa e co proceso administrativo de entrada da Deputación no accionariado de Tragsa. Non sei cales son as ordes que lle fan executar desde o seu partido, pero esto é realmente inaudito: está literalmente intentando boicotear no xulgado o arranxo de infraestruturas en Foz beneficiosas para os veciños e veciñas. Unhas obras moi necesarias, no cemiterio pasamos dun estacionamento en zahorra a un novo aparcadoiro con aglomerado en quente”. “Disto non sacou ningunha nota de prensa, pero os feitos están aí e son realmente graves. Agora podemos chegar a entender a crítica que verquía sobre o gran número de obras que están en execución en Foz: o sr. Castiñeira está traballando activamente para bloquealas e para paralizar o noso concello”, afirmou Fran Cajoto.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



