Lugo, 29 de xuño do 2022. A provincia de Lugo volve acoller este ano parte da programación do Festival Atlántica de Narración Oral que celebra a súa décima edición. Nesta ocasión haberá espectáculos no Castelo de Castrodouro de Alfoz, nos xardíns da casa modernista Santa Emilia e en Alfar dos Muíños, ambos en Mondoñedo, e na casa da árbore de Chantada. Todas as funcións son gratuítas e son posibles grazas ao financiamento da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña e a colaboración dos concello de Alfoz e Mondoñedo e Esquina Atlántica.
A actividade comezará este venres, 1 de xullo, en Mondoñedo, onde Lois Pérez compartirá co público adulto as historias do seu espectáculo ‘Contaba morrer’. A función comezarás ás 21:30 horas nos xardíns da casa modernista Santa Emilia. Uns días máis tarde, o 9 de xullo, Felipe Díaz ‘Caxoto’ estará cos seus ‘Contos a pé de rúa’para toda a familia en Alfar dos Muíños, tamén no concello mindoniense e a partir das 20:30 horas.
No que respecta a Alfoz, están previstos dous espectáculos para adultos no Castelo de Castrodouro. O primeiro será o sábado 2 de xullo, ás 20:30 horas, cando Santi Prego e Jorge de Arcos levanten o pano do ‘Teatro máis pequeno do mundo’. Unha semana máis tarde, o 9 de xullo, será a quenda das ‘Lavandeiras’ de Vero Rilo e Sonsole Penadique, tamén ás 20:30 horas.
Tamén Chantada recuncará como sede do Festival Atlántica logo da boa acollida que tiveron o ano pasado os contos en barca tradicional. Regresa así Anxo Moure pero desta volta será cos ‘Contos na casa da árbore’ en Garabelos, parroquia de Mariz, a partir das 10 da mañá e en sesións a demanda ata ás 7 da tarde. Haberá historias do ‘Carballo con botas’ na copa dun castiñeiro acompañadas de proxeccións no Cinema Palleiriso do conto ‘Zapatiños de cartón’ en formato curtametraxe e protagonizado polos monicreques de Tarabelos.
Atlántica multisede
Pero alén da provincia de Lugo, a actividade do festival tamén estará noutros vinte concellos e rematará o 9 de xullo ata completar os 94 espectáculos previstos en toda Galicia. Deste xeito, nesta edición tamén haberá actuacións nas localidades de Santiago de Compostela, Teo, Padrón, Ferrol, Boiro, Cuntis, Dodro, Lalín, Mugardos, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Outes, Sanxenxo, Ourense, Pazos de Borbén, Vigo, A Estrada, Campo Lameiro, Carnota, Paderne, Zas, ademais de Mondoñedo, Alfoz e Chantada. Toda a información sobre os espectáculos e os artistas está dispoñible na web do festival.
Festival Atlántica
Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, naceu no ano 2013 con sede en Santiago de Compostela cunha clara vocación de ser un encontro de voces e historias de perfil atlantista. O seu obxectivo inicial era indagar nas raíces das historias do océano, na procura da identidade cultural común do Atlántico e nas historias que se foron difundindo polos camiños do mar. Co paso do tempo este obxectivo ampliouse coa incorporación da rede de festivais do atlántico e a interacción do patrimonio inmaterial das historias co patrimonio material e cultural de Galicia. Na actualidade, Atlántica presenta unha identidade propia e singular que o converte nun referente dentro dos encontros de narración oral da Península Ibérica e da América Latina.
MONDOÑEDO
VENRES 1 DE XULLO
‘Contaba morrer’ Lois Pérez (Galicia)
21.30 h | Xardíns da Casa Modernista Santa Emilia | Adultos | En galego
SÁBADO 9 DE XULLO
‘Contos a pé de rúa’ Felipe Díaz ‘Caxoto’ (Galicia)
20.30 h | Alfar dos Muíños | Publico familiar | En galego
ALFOZ
SÁBADO 2 DE XULLO
‘O teatro máis pequeno do mundo’ Santi Prego e Jorge de Arcos (Galicia)
20.30 h | Castelo de Castrodouro (Alfoz) | Adultos | En galego
SÁBADO 9 DE XULLO
‘Lavandeiras’ Rilo & Penadique (Galicia)
20.30 h | Castelo de Castrodouro (Alfoz) | Adultos | En galego
CHANTADA
SÁBADO 2 DE XULLO
‘Contos na casa da árbore’ Anxo Moure (Galicia)
10-19 h (sesións a demanda) | Garabelos, parroquia de Mariz | Infantil e familiar | En galego

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.


