O portavoz popular, Javier Castiñeira, di que as dúas son rúas “emblemáticas, importantes do barrio mariñeiro de Foz e están nun malísimo estado de conservación”
Foz, 2 de xullo de 2022. As rúas en mal estado son motivo de numerosos inconvenientes para quen reside nelas ou no seu entorno, e contribúen a deteriorar a imaxe da cidade, tan importante para atraer turismo, pero tamén para o desenvolvemento doutros perfís económicos. O grupo municipal do PP, que ten por portavoz a Javier Castiñeira, presentou no pasado pleno unha iniciativa para que o Concello repare canto antes dúas rúas emblemáticas de Foz: Xesús Nazareno e a Rúa do Mar
Castiñeira di que a citada iniciativa popular é importante, necesaria e de atención urxente por parte do equipo de goberno municipal que preside o socialista Cajoto. O portavoz popular explica: “As Rúas Xesús Nazareno e Do Mar, dúas vías emblemáticas, importantes do barrio mariñeiro de Foz, están nun malísimo estado de conservación. Son rúas que unen a ribeira e o campo da Cabana e están cheas de fochancas, de parches mal feitos, e iso prexudica moitísimo aos veciños desa zona, tanto aos peóns como aos vehículos que teñen que circular por elas”.
Os populares indican que “son dúas rúas de transición entre a ribeira e o Campo da Cabana, e o seu pésimo estado prexudica á imaxe de Foz, porque é unha das zonas antigas, que está incluída no PEPRI; a falta de mantemento por parte do equipo bipartito (PSOE-BNG) prexudica aos veciños principalmente, pero dana moito a imaxe de Foz”.
Os populares reclaman do goberno municipal que, canto antes, adopte as medidas precisas para arranxar urxentemente esas dúas vías. Queren que para elo “se deseñe un proxecto de rehabilitación desas rúas e que se faga en consenso cos veciños desa zona”.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



