O edil de Deportes animou á participación e ao fomento da actividade deportiva no período estival en calquera das dúas disciplinas que se darán de forma gratuíta
Burela, 5 de xullo de 2022. A Delegación de Deportes do Concello de Burela anuncia cursos de iniciación ao balonmán e un programa de Fit dance para este verán, dúas propostas totalmente gratuítas para aquelas persoas que desexen acudir ou inscribirse.
No caso do Fit Dance, realizarase na praia urbana todos os mércores de xullo e agosto a partir das 20:30 horas, e non será necesario inscribirse previamente. A actividade estará impartida por Belinda Canoura, do ximnasio Hawk, que ensinará nesta disciplina unha forma novidosa, divertida e sociable de facer exercicio, redundando positivamente na forma física, a saúde, a coordinación e a expresión corporal.
O pavillón dos Castros será o lugar onde se imparta o curso de iniciación ao balonmán, financiado pola Secretaría Xeral para o Deporte dentro do Plan Corresponsables. Será do 11 ao 22 de xullo, en horarios de mañá do 11 ao 15 e de tarde do 18 ao 22. Os cinco primeiros días, de 10 a 12 horas irán as nenas e nenos de 6 a 11 anos, e de 12 a 14 horas, a rapazada de 12 a 16 anos. No últimos cinco días, os máis pequenos farán o horario de 16 a 18 horas, e os maiores, de 18 a 20 horas.
Aínda que a actividade é de balde, cómpre inscribirse a través do formulario habilitado na páxina web municipal (https://burela.org/gl/iniciacion-ao-balonman ) para a realización dos grupos.
O edil de Deportes, Ramiro Fernández, anima desde o concello a participar destas dúas actividades que “contribúen a manter o exercicio entre os veciños no período de vacacións co balonmán, así como aprender unha forma divertida a través do baile a facer algo de deporte na praia”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



