Os populares poñen á parroquia de San Andrés de Boimente como exemplo dos problemas que causan aos veciños as vías en mal estado
Viveiro, 18 de xullo de 2022. Non se pode pretender fixar poboación no rural se non se facilitan infraestruturas en boas condicións. E se algunhas infraestruturas son fundamentais son as estradas. No caso das parroquias de
Viveiro, tanto as vías municipais como as provinciais están moi deterioradas. Por un lado, os pavimentos están cheos de fochancas e, por outro, está sen facer a roza das beiras. Os veciños dan a coñecer estes problemas ao grupo provincial do PP, para que reclamen do goberno local que adopte as medidas oportunas.
O portavoz popular, Óscar Rodríguez, di que o Concello ten un dobre papel no tema das estradas. Por un lado, adoptar as medidas precisas para que a rede propiamente municipal sexa convenientemente mellorada. Por outro lado, os populares instan á alcaldesa, María Loureiro, a conseguir que a Deputación faga as moitas melloras necesarias nas estradas provinciais.
Como exemplo do grave inconveniente aos que se enfrontan os veciños debido ao mal estado das vías, o popular Óscar Rodríguez cita a parroquia de San Andrés de Boimente. Engade: “Pero temos queixas que proceden de practicamente todas as parroquias do municipio; por citar só algúns casos, de Valcarría, San Pedro e Chavín””.
Rodríguez di: “Non é tolerable esta falta de xestión por parte da alcaldesa. É hora de que faga algo. Os veciños do rural teñen o mesmo dereito que os da zona urbana a transitar por vías que estean en boas condicións. Ademais, a maleza nas beiras das estradas reduce a visibilidade e provoca situacións de risco para o tráfico rodado e peonil. É hora de que María Loureiro se poña a traballar”.























A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



