Ribadeo, 18 de xullo, 2022. Nas últimas semanas a Plataforma pola recuperacion da illa da Creba e o BNG veñen de reactivar, con notable impacto mediático, o asunto da privatización da Illa da Creba, na Ría de Muros, que estaba paralizado dende 2007. Dado que este tema garda certo paralelismo co caso de Illa Pancha estámolo a seguir con atención e solicitamos por varias vías aos dirixentes do grupo nacionalista e aos medios que lle dediquen un interese semllante.
A prensa e as das redes sociais subministran abonda información sobre as iniciativas do BNG que ten rexistrado varias propostas no Parlamento Español dirixidas a denunciar a privatización de Illa da Creba e a realización nela dunhas obras presuntamente ilegais.
Xa no 2007 o mesmo grupo, que daquela formaba parte do gobernó bipartito na Xunta de Galicia, presentou unha moción no Parlamento Galego co mesmo obxectivo. Aquela moción foi aprobada por unanimidade aínda que posteriormente non se chegasen a adoitar medidas prácticas para o seu cumprimento. Asemade o pasado 9 de xullo un grupo de activistas do BNG fixeron unha ocupación pacífica e simbólica da Illa da Creba e alí plantaron unhas letras co lema “A illa da Creba é do pobo”. Dende a AAVV “Por Nuestro Faro” non podemos máis que parabenizar aos autores desta movilización e solicitar estar en contacto para próximas actividades porque desexaríamos participar e colaborar para conquerir a máxima difusión destas accións e máis posibilidades para outras situacións similares que se podan dar no noso país.
Ao mesmo tempo solicitamos á dirección o do BNG que estude polo miudo o proceso de privatización da Illa Pancha de Ribadeo. Algo que poderíamos explicar a través dunha entrevista, que xa solicitamos a Néstor Rego, para analizar o tema conxuntamente dende o comezo do proceso de privatización. De aceptar esta proposta verase que non son tan grandes as diferenzas entre o caso da Illa da Creba e o caso da Illa Pancha. Tamén que este último ten o agravante de que hai seis informes do Defensor del Pueblo que corroboran amplamente as irregularidades do proxecto de Apartamentos Turísticos (que, entre outras cousas, carece do Estudo de Impacto preceptivo nos espazos protexidos pola Rede Natura 2000). Por non falar de que tamén hai catro sentenzss xudiciais (tres delas recurridas) que dan a razón en todos os puntos ás propostas do noso colectivo. Moi particularmente no asunto da limitación do acceso aos veciños e visitantes que só poden entrar na illa para o uso da cafetería cando a Lei de Costas, as sentencia devanditas e diferentes informes, incluídos os da Fiscalísa de Mondoñedo confirman sen nengún xénero de dúbidas que a porta blindada da Illa Pancha construida en 1980 é decididamente ilegal á luz da lexislación vixente.
Consideramos que hoxe, a resolución da situación é un problema político. A devolución aos veciños do uso libre e lexítimo da Illa Pancha pasa pola aplicación decidida da lexislación vixente por parte do concello, gobernado polo BNG dende 2007 (dende 2011 con maioría absoluta). Tanto revisando a concesión de lizenzas de obra feitas sen Estudo de Impacto Ambiental, como suspendendo a licenza de actividade concedida o día 1 de decembro de 2017 coa condición de acceso libre dos veciños e servizos de seguridade. Unha condición non se ven cumprindo de xeito regular ata o día de hoxe.
En resume, apoiamos a iniciativa da Plataforma pola Defensa da Illa da Creba e parabenizamos ao BNG pola súa defensa do público en Muros ao tempo que solicitamos o seu apoio na defensa do público tamén na Illa Pancha.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



