Ribadeo, 21 de xullo de 2022. Do 22 ao 24 de xullo terá lugar en Ribadeo a XIII Concentración de Kaiaks Praia das Catedrais, que organiza o Club de Piragüismo Altruán. A concentración foi presentada esta mañá no Concello. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, o secretario do Club Altruán, José Ángel Fernández, e o técnico municipal de Deportes, Iván López.
Fernández indicou que “é a concentración anual que suspendemos a súa celebración durante uns anos, pero tendo en conta a efeméride deste 2022 que non é outra que os corenta anos do Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo pois qué menos que volver a celebrala. Foi no seu momento unha cita de referencia no Cantábrico e a día de hoxe é a cita de referencia, basicamente porque é un formato de concentración de piragüismo por así dicilo non competitivo e lúdico, moi especifico porque se trata de kaiak de mar de navegación oceánica, que ten moi poucas convocatorias de calendario hoxe en día”.
No evento daranse cita 33 participantes procedentes de Cantabria ou de Cataluña, entre outras comunidades, ademais dun alemán e dunha xaponesa. O secretario do Club de Piragüismo Altruán explicou que “o evento consiste basicamente nunha concentración de afeccionados ao kaiak do mar, esta subdisciplina do piragüismo, que nos vamos xuntar aquí durante dous días na vila de Ribadeo e trátase de que disfruten do litoral e dos atractivos que ten a nosa ría. Pechamos xa inscrición e temos confirmados 33 palistas de fora do Altruán, e do Altruán iran unha ducia deles. Temos un alemán, unha xaponesa, aínda que sexa residente en España, temos moitos cántabros, unha expedición de cataláns de Girona e de Barcelona, temos vascos… moi variopinto todo isto do kaiak de mar. É do 22 ao 24, mañá é a recepción de asistentes e as actividades serán tanto sábado como domingo”.
O Concello de Ribadeo apoia o evento e deséxalles unha boa fin de semana, tal e como sinalou o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz: “desde o Concello queremos apoiar de novo esta concentración de kaiaks que por decimo terceira vez se realiza aquí na Praia das Catedrais, apoiar como non ao Club Altruán como vimos facendo sempre, tanto nesta actividade como nas escolas deportivas e o resto do ano, con toda esta funcionalidade que fai cos deportistas que está a sacar, con todo este empuxe. Esperemos que esta fin de semana sexa lúdico festiva, que participen, que vaia todo ben e desexarlles o mellor”.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.


